Saltar ao contido

Dinamo Riga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rīgas Dinamo
Fundación1946 (reufundado en 2008)
Cidade Riga, Letonia
EstadioArēna Rīga
Capacidade10 226 espectadores
LigaKHL
ConferenciaLeste
DivisiónTarasov
Director Edgars Buncis
Adestrador Vladimir Krikunov
Afiliado(s)HK Riga (MHL)
HK Zemgale/LLU (LCHV)
Cores          Granate, branco
Na rede
http://www.dinamoriga.lv/en
Facebook: dinamorigaofficial Twitter: hcDINAMORIGA Editar o valor en Wikidata

O Dinamo Riga (en letón Rīgas Dinamo) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Riga (Letonia). Actualmente compite na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL). Xoga os seus partidos como local no Arena Riga, un pavillón con capacidade para 10.300 espectadores.

Aínda que anteriormente houbo un equipo co mesmo nome, o club foi refundado en 2008 para formar parte da nova competición euroasiática, a Kontinental Hockey League (KHL). O 2 de setembro de 2008 xogou o primeiro partido da historia da nova competición euroasiática, gañando por 4 goles a 2 ao Amur Khabarovsk ruso.

En febreiro de 2022, ante a escalada de violencia en Ucraína, a ministra de educación e ciencia, e responsable tamén de deportes de Letonia, Anita Muižniece, declarou que a participación do equipo letón, un dos fundadores da KHL e considerado o equipo deportivo máis importante do país, na KHL debía finalizar.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]