Eleanor Bron
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1938 (86 anos) Stanmore, Reino Unido (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Newnham College (en) North London Collegiate School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro , guionista , actriz , actriz de cinema , escritora |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Cedric Price (pt) (–2003) |
Irmáns | Gerry Bron (pt) |
|
Eleanor Bron nada en Middlesex o 14 de marzo de 1938 é unha escritora e actriz de televisión, cinema e teatro inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É descendente de xudeus da Europa Occidental. O seu pai acurtou o apelido "Brontein" por "Bron" na honra ó fundador da Bron`s Orchestral Service. Estudou no norte de Inglaterra no Collegiate School e no Newnham College, en Cambridge. Estivo casada co arquitecto Cedric Price até o seu falecemento no 2003. Non tiveron fillos. O seu irmán é o produtor Gerry Bron.
Traxectoria cinematográfica
[editar | editar a fonte]Eleanor Bron comezou a súa carreira no Cambridge Footlights con The Last Laugh. A actriz apareceu no filme Help! cos Beatles no papel de Ahme. Paul McCartney tamén tomou o seu nome para a canción "Eleanor Rigby".
Tamén interpretou a doutora que fixo razoar ó casanova interpretado por Michael Caine en Alfie, a inalcanzábel Margaret Spencer no filme de Peter Cook e Dudley Moore Bedazzled, Hermione Roddice en Mulleres namoradas de Ken Russell, e Lydia Reynols no drama A Touch of Love.
Aparece no filme Two for the Road xunto a Albert Finney, Audrey Hepburn e William Daniels. Máis recentemente colaborou nas adaptacións cinematográficas de A princesiña, The House of Mirth, Black Beauty e Wimbledon.
Bron é citada acotío como unha inspiración para a canción dos Beatles “Eleanor Rigby”. É nomeada na canción “Yo la Tengo” de Tom Courtenay, na estrofa: “dreaming 'bout Eleanor Bron, in my room with the curtains drawn...".
Obra
[editar | editar a fonte]É autora de varios libros, entre os que destacan Life and other Punctures, unha historia sobre a volta ciclista en Francia e Países Baixos sobre unha bicicleta, e The Pillow Book of Eleanor Bron.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Help! (1965)
- Cucumber Castle (1970)
- The National Health (1973)
- A princesiña (1995)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eleanor Bron |