Saltar ao contido

Embigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Embigo
Embigo humano
Latín umbilicus
Arteria Arteria umbilical

O embigo[1] é a cicatriz resultante da caída fisiolóxica (natural) do cordón umbilical, e acostuma manifestarse como unha depresión na pel. A palabra embigo ten a súa orixe no latín umbilīcus, diminutivo de umbo.

O cordón umbilical restante tralo parto acostuma caer entre unha a dúas semanas despois do nacemento, formando así o embigo no bebé.

Punto de vista médico

[editar | editar a fonte]

Actualmente, o embigo é utilizado como vía de acceso na realización de laparoscopias e intervencións semellantes, mentres que o cordón umbilical interesa sobre todo como indicador da existencia dalgunha anomalía, xa que, se é curto ou longo de máis, pode ser orixe dalgunhas complicacións obstétricas. Por outra banda, despois do parto é conveniente revisar o cordón por dous motivos: por el circulan dúas arterias e unha vea, e se unha das arterias non está presente, ou é moi rudimentaria, pode ser un indicio dalgunha anomalía fetal. En canto á existencia de nódulos na extensión do cordón, poden indicar unha hipoxia fetal. Tales análises tamén son posíbeis por medio da fetoscopia. O cordón umbilical tamén pode ser un repositorio de células sanguíneas con gran potencial de uso en casos de, por exemplo, leucemia.

[editar | editar a fonte]

En Vilaoudriz (A Pontenova, Lugo) era costume atar o embigo das meniñas máis longo có dos homes por crer que así aquelas, de maiores e cando estivesen embarazadas, non presentarían hernias [2].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para embigo.
  2. "En la comarca lucense de Vilaodride, las que hacen de parteras atan el ombligo de las niñas más largo que el de los niños, porque creen, supersticiosamente, que de este modo, cuando aquéllas sean mayores no padecerán de hernias durante el embarazo" (Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961, s. v. embigo).