Entertainment Software Rating Board
Enterntainment Software Rating Board | |
---|---|
Publicación inicial | 1994 |
Plataforma/s | Clasificación de videoxogos |
Sitio web | www |
Entertainment Software Rating Board (ESRB) é un sistema de clasificación de contido dos videoxogos estadounidense.[1]
Foi establecido en 1994 pola Entertainment Software Association (ESA), a anteriormente chamada Interactive Digital Software Association (IDSA). En 2009, asignara 19.130 categorías a xogos enviados por máis de 350 distribuidoras de videoxogos.
ESRB realiza de forma independente clasificacións, entregando lineamentos e os principios de privacidade para a industria dos videoxogos. Primeiro clasifica os videoxogos segundo o seu contido de violencia física o verbal e outros elementos como o contido sexual. Esta clasificación orienta e axuda os pais e consumidores a elixir os videoxogos que son correctos para a súa familia, idea proposta tras a aparición do videoxogo Mortal Kombat.
Clasificación ESRB
[editar | editar a fonte]Os símbolos que usa a ESRB son letras alfabéticas estilizadas que teñen a intención de indicar a etapa para a que é axeitado o obxecto. A ESRB usa actualmente máis de sete clasificacións diferentes.[2]
Clasificacións normais
[editar | editar a fonte]Clasificación ESRB | Nome | Ano de entrada | Ano de retirado | Idade adecuada | Descrición das clasificacións |
---|---|---|---|---|---|
Early Childhood (Nenos pequenos) |
1994 | 2018 | 3 a 9 Anos | Material con contido apto para nenos pequenos. Os xogos que entran dentro desta categoría son especificamente desenvolvidos para nenos pequenos e usualmente son de orientación educativa, un exemplo son os xogos de Sesame Street e os de Nick Jr..
Esta clasificación retirouse en 2018. Era apto para nenos de 3 a 9 anos. | |
Kids to Adults (Nenos a Adultos) | 1994 | 1998 | Todas as idades o 3 o máis anos | Abarca temas aptos para todas as idades dos títulos comprendidos dentro desta categoría, poden conter algo de animación, violencia fantástica o mínima ou o uso de insultos suaves. Tamén se aplica na maioría dos xogos de deportes. Exemplos son as franquías de FIFA, Pokémon, o Super Mario | |
Everyone (Todos) |
1998 | Vixente | |||
Everyone 10 and up/Everyone 10+ (Todos +10) (Todas as persoas maiores de 10 anos de idade) |
2005 | 10 anos o máis | Material idóneo para idades de 10 e máis anos. As obras dentro desta categoría xeralmente conteñen animacións, máis violencia leve o fantástica, sangre animada, insultos regulares o en temas suxerentes mínimos. Exemplos como os xogos da saga LEGO, Sonic Unleashed, Donkey Kong Jungle Beat, a serie Super Smash Bros (3DS, Wii U e Ultimate), Super Mario Odyssey, Kirby Star Allies, Crash Bandicoot N. Sane Trilogy, Roblox etc. É apto para nenos maiores de 10 anos. | ||
Teen (Adolescentes) |
1994 | 13 anos o máis | Contido adecuado para adolescentes entre 13 anos. Os produtos deste xénero xeralmente conteñen sangre (pode ser mínima), humor cruel, temas suxestivos o violencia moderada (pode ser regular), e, na maioría das veces, xogos de azar o apostas simulados. Como exemplo pódese mencionar a serie de Guitar Hero, Street Fighter IV, Tekken 7, The King of Fighters XIV, A serie Super Smash Bros (Melee e Brawl), Need for Speed: Most Wanted, Uncharted 2: El reino de los ladrones, Friday Night Funkin' etc. É apto para nenos maiores de 13 anos. |
Clasificacións restrinxidas
[editar | editar a fonte]Clasificación ESRB | Nome | Ano de entrada | Idade adecuada | Descrición das clasificacións |
---|---|---|---|---|
Mature 17+ (Maduro 17+) | 1994 | 17 (Menores deben ter permiso dun adulto) | Artigos que poden conter material pertinente para idades de 17 o máis anos. As obras desta categoría xeralmente mostran violencia (pode ser intensa), sangre e horror/mutilacións, temas o natureza sexuais o insultos. Moitos vendedores (como Walmart e GameStop), aplican políticas sobre non vender xogos con este ordenamento a menores de 17 anos sen a presenza e aprobación dalgún titor. Algúns exemplos de xogos desta categoría son Warframe, South Park, Conker's Bad Fur Day, Resident Evil, os xogos da serie Mortal Kombat e os xogos da saga de Grand Theft Auto (GTA).[3] | |
Adults Only 18+ (Adultos unicamente +18) (Só adultos) | 1994 | 18 (Os nenos o adolescentes non se les permite comprar, alugar o xogar) | Contido soamente para adultos. Os títulos nesta categoría xeralmente inclúen escenas prolongadas de violencia intensa o temas o gráficas sexuais, linguaxe extremadamente malfalado o xogos de apostas/azar reais (e con diñeiro, divisas, efectivo e moeda), e sangre frecuentemente o nudez. A categorización AO é tema de controversia polas exaxeradas restricións que impoñen a algúns xogos. Por exemplo Manhunt 2, GTA: San Andreas (2005, re-clasificación) o Hatred. Tamén é usado comunmente en xogos que presentan escenas de hentai. Empresas como Microsoft[4], Sony o Nintendo[5] non permiten que xogos con esta clasificación salgan para as súas consolas. É apto para persoas maiores de 18 anos nada máis (podía ser restrinxido a maiores de 18 anos). |
Outras clasificacións sen restricións
[editar | editar a fonte]Descricións e definicións
[editar | editar a fonte]Os descritores de contido aparecen na parte posterior da caixa do xogo e en anuncios impresos o sitios web que fagan referencia ao xogo. A ESRB ten máis de vinte descriptores de contido, como referencia ao alcohol, violencia e nudez. Abaixo, os descriptores de contido usados na clasificación[6]:
- Alcohol Reference (Referencia ao alcohol)
- Referencia e/ou imaxes das bebidas alcohólicas.
- Animated Blood (Sangue animadi/Animación do sangue)
- Representacións decoloradas ou pouco realistas do sangue.
- Blood (Sangre)
- Representacións do sangue.
- Blood and gore (Derramamento de sangre)
- Representacións da sangre o da mutilación das partes do corpo/obxectos/pezas.
- Cartoon Violence (Violencia de caricatura)
- Accións violentas que inclúen situacións e personaxes caricaturescos. Pode incluír violencia na cal un personaxe sae ileso despois de que a acción se leve a cabo.
- Comic Mischief (Travesuras cómicas)
- Representacións o diálogo que impliquen pallasadas o humor suxestivo. Nomeado como "Travesura cómica" na Google Play.
- Crude Humor (Humor vulgar/cru)
- Representacións ou diálogo que implique bromas vulgares, incluído o humor "hixiénico". Nomeado como "Humor cru" na Google Play.
- Drug References (Referencias ás drogas)
- Referencias e/ou imaxes de drogas ilegais.
- Fantasy Violence (Violencia de fantasía)
- Accións violentas de natureza fantástica/ficticia que inclúen personaxes humanos e non humanos (animais) en situacións que se distinguen con facilidade na vida real.
- Intense Violence (Violencia intensa)
- Representacións gráficas e de aparencia realista de conflitos físicos. Pode comprender sangre excesiva o realista, derramamento da sangre, armas e representacións de lesións humanas e a morte.
- Language (Linguaxe)
- Uso de linguaxe malfalado de moderado a intermedio. Nomeado como "Idioma" na Google Play e en Microsoft.
- Lyrics (Letra de cancións)
- Referencias moderadas de linguaxe malfalado, sexualidade, violencia, alcohol o uso das drogas nas cancións.
- Mature Humor (Humor para adultos/maduro)
- Representación o diálogos que conteñen humor "para adultos", incluídas as alusións sexuais.
- Mild Violence (Violencia moderada/leve)
- Escenas de personaxes debuxados en situacións non seguras o violentas. Nomeado como "Violencia leve" na Google Play.
- Mild Blood (Sangre moderada/Pouca sangre)
- Representacións moderadas o breves da sangre. Nomeado como "Pouca sangre" na Google Play.
- Nudity (Nudez)
- Representacións gráficas o prolongadas de nudez. Nomeado como "Nudos" na Google Play.
- Partial Nudity (Nudez parcial)
- Representacións breves o moderadas de nudez. Nomeado como "Nudez parcial" na Google Play.
- Real Gambling (Apostas reais)
- O xogador pode apostar, incluso colocar apostas con diñeiro o divisas reais.
- Sexual Content (Contido sexual)
- Representacións non explícitas de comportamento sexual, posiblemente conteñen nudeces parciais.
- Sexual Themes (Temas sexuais)
- Alusións ao sexo o á sexualidade.
- Sexual Violence (Violencia sexual)
- Representacións de violacións ou doutros actos sexuais violentos.
- Simulated Gambling (Apostas simuladas)
- O xogador pode apostar sen colocar apostas con diñeiro o divisas reais.
- Strong Language (Linguaxe forte/ofensivo)
- Uso explícito o frecuente de linguaxe malfalado. Nomeado como "Linguaxe ofensivo" en Microsoft.
- Strong Lyrics (Letra de cancións forte)
- Alusións explícitas o frecuentes de linguaxe malfalado, sexo, violencia o uso do alcohol o drogas nas cancións.
- Strong Sexual Content (Contido sexual forte)
- Alusións explícitas o frecuentes de comportamento sexual, posiblemente conteñen espidos.
- Suggestive Themes (Temas insinuantes/suxestivos/provocativos)
- Referencias ou materiais provocativos moderados. Nomeado como "Temas provocativos" en Google Play.
- Tobacco Reference (Referencia ao tabaco)
- Referencia ou imaxes de produtos de tabaco
- Use of Alcohol (Uso do alcohol)
- Consumo de alcohol o de bebidas alcohólicas.
- Use of Drugs (Uso das drogas)
- Consumo o uso de drogas ilegais.
- Use of Tobacco (Uso do tabaco)
- Consumo o uso de produtos de tabaco.
- Violence (Violencia)
- Escenas que comprenden un conflito agresivo. Poden conter desmembramento sen derramamento de sangre.
- Violent References (Referencias violentas)
- Alusións a actos violentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Frequently Asked Questions". ESRB Ratings (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ "Ratings Guides, Categories, Content Descriptors". ESRB Ratings (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ "ESRB Retail Council" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xuño de 2021.
- ↑ Kit Dotson (29 de dicembro de 2010). "Microsoft Vows to block AO Rated Games from the Xbox 360 Console" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2021.
- ↑ Brendan Sinclair (20 de xuño de 2007). "Sony, Nintendo forbid AO-rated Manhunt 2" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2021.
- ↑ "Guía de clasificacións da ESRB". ESRB Ratings (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- USK, sistema de clasificación de videoxogos en Alemaña
- OFLC, sistema de clasificación de multimedia en Australia e Nova Zelandia.
- ELSPA, primeiro sistema de clasificación de videoxogos británico, sucedido por PEGI.
- PEGI, sistema de clasificación de videoxogos en Europa.
- CERO, sistema de clasificación de videoxogos no Xapón.
- GSRR, sistema de clasificación de videoxogos asiático.