Estreito de Bering
Tipo | estreito | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Vitus Bering | ||||
Parte de | Océano Pacífico Océano Ártico | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Alasca, Estados Unidos de América | ||||
| |||||
Características | |||||
Profundidade | 90 m | ||||
O estreito de Bering (ruso: Берингов пролив, Béringov proliv) é un brazo de mar localizado entre o extremo oriental de Asia (Siberia) (Uelen) e o extremo norte occidental de América (Alasca) (Tin City). As súas augas comunican o mar de Chukchi, ao norte, co mar de Bering, ao sur. A súa anchura é de 82 km entre as inmediaciones do Cabo Dezhnev na península de Chukchi, en Rusia, que constitúe o punto máis oriental (169°39′ O) do continente de Asia, e as proximidades do Cabo Príncipe de Gales, en Alasca, Estados Unidos, que é o punto máis occidental (168°7′ O) do subcontinente de Norteamérica.
O nome foi posto en honor a Vitus Bering, o explorador danés ao servizo de Imperio ruso que o cruzou en 1728.
Desde polo menos 1562 os xeógrafos europeos sospeitaban que existía un Estreito de Anián entre Asia e Norteamérica. En 1648 Semión Dezhniov probablemente pasou a través do estreito, pero o seu relato non chegou a Europa. A rexión en que se atopa denomínase Berinxia.
Segundo a teoría máis aceptada, o ser humano migrou desde Asia ata América pasando por este estreito, posiblemente aproveitando un período glaciar e a conxelación do mar así como o nivel máis baixo das augas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estreito de Bering |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estreito de Bering |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |