Saltar ao contido

Factor de crecemento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os factores de crecemento ou GF (do inglés growth factors) chamados tamén "factores tróficos" son un conxunto de substancias, a maioría de natureza proteica que, xunto coas hormonas e os neurotransmisores, desempeñan unha importante función na comunicación intercelular[1]. A función principal dos factores de crecemento é o control externo do ciclo celular, mediante o abandono da quiescencia celular (fase G0 do ciclo) e a entrada da célula en fase G1. O aumento do tamaño celular é tamén estimulado ao incrementarse a síntese proteica, xunto coa proliferación celular.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

A función dos factores de crecemento non só é estimular a proliferación celular por medio da regulación do ciclo celular iniciando a mitose, senón tamén manter a supervivencia celular, estimular a migración celular, a diferenciación celular e mesmo a apoptose.

Os factores de crecemento desempeñan a súa función a moi baixa concentración nos líquidos corporais, da orde de picogramos. Actúan uníndose a receptores celulares situados na membrana celular que transmiten o sinal do exterior ao interior da célula, mediante o acoplamento de diferentes proteína quinases que se fosforilan e que activan unha fervenza de sinais que acaba coa activación dun ou varios xenes (transdución de sinais).

A función dos factores de crecemento está regulada por diferentes mecanismos que controlan a activación xenética como:

  1. A transcrición e a tradución do xene do factor de crecemento.
  2. A modulación de emisións de sinais polo receptor.
  3. O control da resposta celular por moléculas con acción oposta á resposta inicial.
  4. O control extracelular pola dispoñibilidade do factor de crecemento que é atrapado na matriz extracelular.

En estudos con cultivos celulares descubriuse que os factores de crecemento son transportados polo soro. Son producidos por gran número de células e os requirimentos son moi variables entre diferentes células. Para que as células proliferen nun cultivo cómpre a existencia de soro que achegue os factores de crecemento e as moléculas de adhesión celular como a fibronectina e a vitronectina, e nutritivas como lipoproteínas e a transferrina, xunto con nutrientes: aminoácidos, ións, moléculas enerxéticas.

Exemplos de factores de crecemento

[editar | editar a fonte]

Os principais son:[3]

Nas dúas últimas décadas o uso terapéutico dos factores de crecemento foise incrementando, e actualmente úsanse en tratamentos de doenzas hematolóxicas e oncolóxicas como :

Factores de crecemento fronte a citocinas

[editar | editar a fonte]

Ás veces os termos "factor de crecmento" e "citocina" úsanse case como sinónimos entre os cient��ficos.[4] Historicamente, as citocinas foron asociadas con células hematopoéticas (formadoras de sangue) e células do sistema inmunitario (como linfocitos e células do bazo, timo, e ganglios linfáticos). No sistema circulatorio e na medula ósea, onde as células poden atoparse en suspensión líquida e non unidas a un tecido sólido, tiña senso que as células se comunicasen por medio de moléculas proteicas solubles circulantes. Porén, a medida que diversas liñas de investigación converxeron, empezou a parecer claro que algunhas das mesmas proteínas de sinalización das células dos tecidos hematopoéticos e inmunitarios tamén se utilizaban por todo tipo de células doutros tecidos, durante o desenvolvemento e tamén no organismo adulto.

Mentres que o termo factor de crecemento implica un efecto positivo na división celular, o termo citocina é un termo neutro en canto a se a célula afecta ou non á proliferación. Algunhas citocinas poden ser factores de crecemento, como G-CSF e GM-CSF, pero outras mesmo teñen un efecto inhibitorio sobre o crecemento e proliferación celular. Algunhas citocinas, como o ligando de Fas, utilízanse como sinais de "morte", xa que causan que as células diana sufran unha morte celular programada ou apoptose.

  1. "Cytokines, Growth Factors and Hormones. Sigma-Aldrich". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 04 de xaneiro de 2015. 
  2. "Growth factor". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-03-05. 
  3. Growth Factors and Cytokines - Medical Biochemistry
  4. Thomas Yorio; Abbot F. Clark; Martin B. Wax (15 de outubro de 2007). Ocular Therapeutics: Eye on New Discoveries. Academic Press. pp. 88–. ISBN 978-0-12-370585-3. Consultado o 28 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]