Fiz V, antipapa
Amadeu VIII de Savoia, nado en Chambéry o 4 de setembro de 1383 e finado en Thonon-les-Bains o 6 de xaneiro de 1451, foi conde (1391-1416) e duque (1416-1440) de Savoia. De 1439 ao 1449 foi antipapa co nome de Fiz V ou Félix V[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao morrer o seu pai, Amadeu VII de Savoia, o novo conde era moi novo polo que a súa nai Bona de Berry asumiu a rexencia pero foi apartada do poder por intrigas palacianas. Arredor de 1400 asumiu o poder, incrementou os seus dominios e casou con María de Borgoña en 1401. Despois da morte da súa dona retirouse á vida monástica en 1434 e fundou a orde de San Mauricio e. En 1439 o Concilio de Basilea contrario a Uxío IV elixiuno papa. En 1449 ao morrer Uxío IV, Amadeo abdicou deseguido. A igrexa católica teno polo último dos antipapas históricos e xa no seu tempo tivo poucos seguidores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Basilea". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 289.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiz V, antipapa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |