Flor de lis
A flor de lis é unha flor de azucena estilizada que é empregada como un deseño decorativo ou como símbolo. Moitos dos santos cristiáns son representados a miúdo cunha azucena, sendo o máis destacado san Xosé. Como Francia foi orixinalmente unha nación católica, a flor de lis converteuse "ó mesmo tempo, nun obxecto relixioso, político, dinástico, artístico, emblemático e simbólico", especialmente na heráldica francesa.[1]
En heráldica é moi común e simboliza a pureza, polo que adoita representar a Nai de Deus. A lenda di que un anxo lle deu unha flor de azucena de ouro a Clodoveo I, monarca franco da dinastía merovinxia, que se convertera ó cristianismo. Séculos máis tarde, no século XII con Lois VI, a flor de lis é empregada como distintivo no escudo da casa real francesa. A flor de lis proveniente da casa real de Francia aparece no escudo de moitas cidades deste estado, na bandeira do Quebec e no escudo de España, entre outros. A flor de lis é tamén o emblema da cidade de Florencia.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Escudo antigo dos reis de Francia.
-
Escudo do Reino de Francia (dende o século XIV).
-
Escudo de Florencia
-
Escudo de Gaià.
-
Escudo de Senan.
-
Escudo de Montuïri.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michel Pastoureau, Heraldry: Its Origins and Meaning, Francisca Garvie trans. (Thames and Hudson 1997), ISBN 0-500-30074-7, p. 98.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Flor de lis |