Gaivota chorona
Gaivota chorona | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Chroicocephalus ridibundus' (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Larus ridibundus |
A gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus, antes Larus ridibundus)[2] é unha gaivota que se pode observar en Galiza durante todo o ano, principalmente exemplares non reprodutores. A súa poboación invernante nas costas galegas estímase nuns 20 mil individuos[Cómpre referencia].
A poboación europea da gaivota chorona estímase nuns 2 millóns de exemplares[Cómpre referencia]. Ata fai pouco a súa cría en Galiza era escasa, aínda que dende finais dos anos 90 a súa cría estase a facer máis común debido ós seus costumes sedentarios.
Descrición
[editar | editar a fonte]A gaiovota chorona é unha ave de 54–60 cm de envergadura e un peso de 210-300 gramos. É de cor branca coas ás de cor gris agás os bordos negros. A súa testa é de cor negra, durante o inverno tórnase gris ou branca segundo a idade. As súas patas son de cor laranxa ou vermello alaranxado. O seu bico é vermello.
Comportamento
[editar | editar a fonte]É unha ave oportunista, preeira que busca pequenos invertebrados ou refugallos deixados polos humanos. Adoita presentarse en grupos de 10 a 20 exemplares nos campos labrados en busca de insectos ou miñocas.
Hábitat
[editar | editar a fonte]A súa distribución en Galiza é irregular. Atópase principalmente nas costas galegas e nos ríos Miño, Ulla e Sil, así como na Baixa Limia.
En Europa é moi abondosa agás na Escandinavia. É sedentaria na Gran Bretaña e nos países mediterráneos. Durante o inverno emigra dende o mar Báltico ata o Mediterráneo chegando ata o norte de África. Téñense atopado exemplares ata no Canadá.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A gaivota chorona aniña no chan preto da auga en marismas e lagoas. Pon a partir do final de marzo 3 ovos que van dende o castaño claro a escuro con pencas; estes son chocados polos dous sexos durante 24 días; os pitos son seminidífugos e voan logo de 6 semanas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Larus ridibundus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro 2013.
- ↑ "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (html) (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía das aves de Galicia (1991), Editorial Baía.