Saltar ao contido

Gary Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGary Young
Biografía
Nacemento(en) Garrit Allan Robertson Young Editar o valor en Wikidata
3 de maio de 1953 Editar o valor en Wikidata
Mamaroneck, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de agosto de 2023 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Stockton, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, guionista, cantautor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata - 2023 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoIndie rock, música pop, folk e punk rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería e Instrumento de percusión Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMatador Records Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: 95aa5cf9-b2c0-4d3c-a6e9-841d79cb24a1 Songkick: 182044 Discogs: 403609 Allmusic: mn0001222361 Editar o valor en Wikidata

Gary Young, nado en Mamaroneck, Nova York, o 3 de maio de 1953 e finado en Stockton, California, o 17 de agosto de 2023, foi un músico e produtor musical estadounidense coñecido por ser o primeiro batería da banda de indie rock Pavement.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Gary Young naceu en Mamaroneck, Nova York. O seu pai era enxeñeiro na industria dos plásticos e tiña amplos coñecementos sobre a fibra de carbono. Traballou con Ned Steinberger no desenvolvemento da construción do seu baixo eléctrico.[1]

Stephen Malkmus (voces, guitarra) e o seu amigo da infancia Scott Kannberg (guitarra, voces) formaron Pavement en Stockton, California, en 1989. O seu primeiro EP, Slay Tracks (1933-1969), gravouse nun estudio local chamado Louder Than You Think, que era propiedade de Young, aparecendo el no EP. Young tamén participaría nos seus dous seguintes EPs, Demolition Plot J-7, e Perfect Sound Forever, publicados respectivamente en 1990 e 1991, así como no seu álbum de estrea lanzado en 1992, Slanted and Enchanted. Young coñezou a gañarlle á banda un certo grao de notoriedade coas súas trasnadas dentro e fóra do escenario. Destacaba por saudar ao público na porta, repartir repolos, puré de patacas ou torradas de canela aos fans, e por facer o pino.[2]

O seu derradeiro lanzamento como membro do grupo foi o EP Watery, Domestic. Posteriormente apareceu en dous temas do EP Major Leagues de Spiral Stairs.

Young foi despedido de Pavement no ano 1993 debido a conflitos con Malkmus e co resto dos membros da banda.

Despois do seu paso por Pavement publicou tres álbums, Hospital, Things We Do for You, e The Grey Album baixo o nome de Gary Young's Hospital.[3] O vídeo musical da súa canción "Plant Man" apareceu no episodio "Skin Trade" da quinta tempada de Beavis and Butthead.

Young foi propietario dun estudio de gravación de última xeración.[2] Tamén desenvolveu e patentou o uso dunha araña para micrófonos universal. Realizounas individualmente e vendeu máis de 13 000 unidades.[2]

Foi clasificado no posto 42 dos 50 mellores baterías de rock pola revista Stylus.[4]

  1. Gruhn, George (2016-07-07). "1978 Steinberger Prototype Bass". Vintage Guitar® magazine (en inglés). Consultado o 2020-10-10. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Straight Outta Stockton: Life Lessons from Pavement's Gary Young". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2020-10-10. 
  3. "Hospital - Gary Young | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-10-10. 
  4. "Stylus Magazine’s 50 Greatest Rock Drummers - Article - Stylus Magazine". stylusmagazine.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-10-10.