Ginny Weasley
Ginevra "Ginny" Molly Weasley é un personaxe ficticio da serie de libros de Harry Potter. É irmá dun dos personaxes principais, Ron Weasley e filla de Molly Weasley e Arthur Weasley. É a menor dos sete irmáns Weasley, e a única muller na familia Weasley en moitas xeracións.
Fisicamente é miúda, co cabelo vermello lume (marca característica da súa familia) e ollos marróns, é considerada unha das rapazas máis fermosas de Hogwarts. É unha meiga talentosa, sobre todo por unha habilidade especial co maleficio dos mocomorcegos.
Ginny é unha descendente da familia Weasley, unha das máis antigas familias máxicas de sangue puro na existencia. Os seus irmáns máis vellos son Bill, Charles, Percy, Fred, George e Ronald.
É tamén unha moi afectiva amiga de Harry Potter, Hermione Granger, Neville Longbottom e Luna Lovegood, e é cuñada de Fleur Delacour, quen casou co seu irmán máis vello Bill Weasley.
A pesar de que non tivo unha transcendencia maior nalgúns libros, destaca de maneira moi importante en Harry Potter e a Cámara dos Segredos, Harry Potter e a Orde do Fénix e Harry Potter e o misterio do príncipe, a continuación detállase a información da súa importancia en cada un deles.
Nas películas, Ginny é interpretada por Bonnie Wright.
Importancia nos libros
[editar | editar a fonte]Ginny aparece xa no primeiro libro, Harry Potter e a pedra filosofal, pero é no segundo, Harry Potter e a Cámara dos Segredos, onde desempeña un papel importante na historia, cando encontra o diario secreto de Tom Ryddle, que a posúe. Harry debe ir na súa busca, ademais de abrir a Cámara Secreta e eliminar o Horcrux de Voldemort.
No terceiro libro aparece tamén, segue sendo tímida con Harry pero faise amiga de Hermione n’O Tobo (a casa da familia Weasley), mantendo a súa relación durante o ano escolar, pero un pouco afastada de Ron e Harry.
No cuarto libro empeza a súa relación con Michael Corner no baile de Nadal ó que asiste con Neville Longbottom.
No quinto libro, perde a timidez con Harry, amósase máis activa e capaz de axudar, a súa personalidade é máis dura e a pesar de ser máis emocional, é moito máis despreocupada que o resto. Ás veces aseméllase ós seus irmáns, os xemelgos Fred e George. Foi unha das asistentes á reunión mantida no bar "Cabeza de Porco", que deu orixe ó grupo de resistencia "O Exército de Dumbledore" de cuxo nome foi creadora.
Está presente na batalla do Departamento de Misterios, xunto con Harry Potter, Ron Weasley, Hermione Granger, Neville Longbottom e Luna Lovegood na que deben ir salvar a Sirius Black, que en realidade non está alí: foron vítimas dunha emboscada e deben loitar contra os Devoradores da Morte de Voldemort. Ela sufriu a luxación dun xeonllo.
Corta con Michael Corner durante o final do curso porque non lle gusta que ela collera a snithc e menciona a Dean Thomas con ton despreocupado coma o seu elixido para a súa próxima relación amorosa.
No sexto libro a súa personalidade é tenra e á vez dura en certos momentos e o sangue frío que amosa durante o ataque de devoradores da morte na Batalla de Hogwarts vese reflectida de maneira importante.
Durante o ano termina con Dean Thomas, quen pouco a pouco empeza a deixar de gustarlle, e en varias ocasións amósase molesta con el.
Antes do último partido de quidditch, corta con Dean e debe xogar como buscadora do equipo de Gryffindor debido a que Harry (capitán e buscador nese momento) é castigado por Snape por facer un feitizo indebido e perigoso a Draco Malfoy.
Cando Harry finalmente sae do seu castigo, logo do partido, chega á Sala Común desexando que o equipo gañase a copa sen el. Ó entrar atópase con todos os alumnos de Gryffindor festexando a vitoria, e é alí cando Ginny achégase a el, abrázao e el dálle un inesperado bico, visto por todos os demais alumnos incluído o seu irmán, Ron (quen, a pesar dos temores de Harry ó longo de todo o libro, acepta a relación) e Dean (quen debido á súa sorpresa rompe o vaso que tiña na man). Comezan unha relación amorosa.
Finalmente vense obrigados a poñer fin á súa relación, debido a que Harry non quere poñela en perigo con Voldemort, a pesar de que ela di que non lle importa o risco con tal de estar con el, e que nunca renunciara ó seu amor.
No sétimo libro a súa personalidade vese máis doce e cándida como demostra ó bicar a Harry Potter no seu 17º aniversario, coa súa preocupación por George ó ser ferido por suplantar a Harry, na ollada de desesperación e súplica que por primeira vez ve Harry nela cando quere loitar xunto á súa familia na segunda Batalla de Hogwarts, no consolo que dá ós feridos na batalla e á vez máis forte que nunca, xa que é agora ela quen ha de tomar o liderado do Exército de Dumbledore intentando roubar a espada de Gryffindor xunto a Luna Lovegood e Neville Longbottom desde a oficina de Severus Snape en Hogwarts aínda que son atrapados. É retirada polos seus pais de Hogwarts logo que Ginny combate abertamente a Severus Snape en Hogwarts liderando o Exército de Dumbledore en insurreccións contra o novo sistema educativo que adoptou Hogwarts.
Durante todo o libro vese a un Harry Potter anheloso por Ginny (como describe no libro ela é a única cousa real no mundo para el, algo que queda evidenciado no libro cando na batalla final Ginny é case golpeada por unha maldición asasina de Bellatrix Lestrange e Harry, por uns minutos, esquece a súa misión de matar a Voldemort e vai matar a Bellatrix Lestrange. Molly Weasley, nai de Ginny, párao e adiantase para loitar con Bellatrix Lestrange matándoa finalmente.
No epílogo do libro 19 anos despois Ginny atópase casada con Harry Potter e teñen tres fillos: James Potter Weasley (segundo ano en Hogwarts), Albus Severus Potter Weasley (primeiro ano en Hogwarts) e Lily Potter Weasley (fáltanlle dous anos para ingresar en Hogwarts).
O que J. K. Rowling dixo sobre Ginny
[editar | editar a fonte]"O plan, que de verdade espero ter cumprido, era que o lector, así como Harry, fora descubrindo gradualmente a Ginny como máis ou menos a rapaza ideal para Harry. Ela é dura, non dun xeito desagradable, pero ten bravura. El necesita estar con alguén que poida aturar as demandas de estar con Harry Potter, porque el é un mozo de temer en moitas formas. É un home marcado. Creo que ela é divertida, e que é moi cálida e compasiva. Estas son todas cousas que Harry require da súa muller ideal. Pero, sentín —e estou falando de hai anos, cando argallei todo isto— que ó principio a ela aterráballe a súa imaxe. É dicir, el é algo así coma un deus do rock para ela cando o ve por primeira vez, ós 10 ou 11 anos, e é este rapaz famoso. Así que Ginny tivo que pasar por unha viaxe tamén... Eu sinto que Ginny e Harry, neste libro, son iguais. Son merecedores un do outro. Os dous pasaron por unha grande viaxe emocional, e realmente superaron moitas ilusións xuntos. Así que gocei escribindo iso. Gústame moito Ginny como personaxe."
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Ginny no DicionarioArquivado 20 de agosto de 2007 en Wayback Machine.