God of War III
God of War III | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Studios Santa Monica |
Distribuidora(s) | Sony Interactive Entertainment |
Compositor(es) | Gerard Marino |
Lanzamento | 16 de marzo de 2010, 18 de marzo de 2010, 19 de marzo de 2010 e 25 de marzo de 2010 |
Xénero | videoxogo de acción e aventura e hack and slash |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | PlayStation 3 e PlayStation 4 |
Na rede | |
http://www.godofwar.com/fr_FR/index.htm#Home | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
God of War III é a terceira entrega en consolas de sombremesa da saga de videoxogos God of War, lanzado mundialmente para a PlayStation 3 o 16 de marzo de 2010[1][2]. O xogo, cronoloxicamente, é o quinto e último bloque da saga, despois de God of War: Chains of Olympus, God of War, God of War: Betrayal e God of War II.
Trailers
[editar | editar a fonte]No evento dos videoxogos E3 de 2008 revelouse o primeiro trailer do xogo, ensinando ao personaxe principal, Kratos, nunha Grecia chea de moreas derruídas.
O 13 de febreiro de 2009, Sony realizou unha conferencia nos Anxos ensinando novas imaxes do xogo, informouse que a data oficial revelaríase no E3 2009 e ensinouse un novo trailer mostrando o enorme paso que deu a saga tanto en xogabilidade como nos gráficos e escenarios. Nesta conferencia Sony deu a coñecer a páxina Web oficial do xogo, na que se amosaron varios trailers e imaxes.
Introdución do xogo
[editar | editar a fonte]O xogo comeza cunha narración feita por Zeus, que ensina cando os titáns soben ó Olimpo onde se ven ós deuses Poseidón (deus do Mar), Hermes (Mensaxeiro dos deuses), Zeus (o deus do Olimpo), Hades (Deus do inframundo) e Helios (Deus do Sol) na base do monte, e pouco despois amosan o titán gaia escadando o monte Olimpo. Ao final aparece Kratos, da mesma forma que no final de God of War II.
Sistema de xogo
[editar | editar a fonte]O sistema de xogo é similar as anteriores entregas, mesturando o combate coa exploración e os crebacabezas, con certos trocos no control e coa posiblidade de usar diferentes armas e obxectos. Os poderes dos deuses e dos titáns foron substituídas por outro tipo de movementos especiais.
Armas
[editar | editar a fonte]- Espadas de Atenea: empréganse ao comezo do xogo e até a batalla con Poseidón, sendo substituídas polas Espadas do Exilio.
- Espadas do Exilio: Obtidas do espectro de Atenea no inframundo.
- Cestus de Nemea: Con forma de testa de león, conseguense tras derrotar a Hercules.
- Gadoupas de Hades: Conseguense tras derrotar a Hades.
- Látego de Némesis
- Espada do Olimpo: Gran espada coa que se gañou a guerra entre titáns e deuses
Poderes
[editar | editar a fonte]- Arco de Apolo: Un arco e unha frecha de lume obtido tras queimar a Peirithous no inframundo.
- Testa de Helios: Obtido tras arrincarlle a testa ó deus do sol.
- Botas de Hermes: Adquiridas despois de matar a Hermes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "It’s Official, God of War III Will Be Attacking Stores on March 16th!". PlayStation.Blog (en inglés). 2010-01-28. Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "God of War III for PlayStation 3". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-02-02. (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Análisis de God of War 3 Arquivado 26 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- Análisis de God of War 3 (en castelán)
- Análisis de God of War 3 en Mendoza Gamers Arquivado 16 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)