Saltar ao contido

Gran Premio de Italia de 2024

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Italia de 2024
Imaxe
Tipocarreira automobilística Editar o valor en Wikidata
DeporteFormula racing Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,793 km Editar o valor en Wikidata
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo30 de agosto de 2024 – 1 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Italia de 2024 (coñecido oficialmente como o Formula 1 Pirelli Gran Premio d'Italia 2024) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 1 de setembro de 2024 no Autodromo Nazionale Monza en Monza, Italia. Foi a décimo sexta carreira do campionato de 2024. O noventa e catro Gran Premio de Italia e o septuaxésimo cuarto Gran Premio de Italia celebrado en Monza. A carreira tamén contou coa estrea nun Gran Premio de Franco Colapinto, que pilotou para o Williams ata o final da tempada.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

O evento celébrase no Circuíto de Monza en Monza por 74ª vez na historia do circuíto, durante a fin de semana do 30 de agosto ao 1 de setembro.[1] O Gran Premio foi a décimo sexta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a 75ª edición do Gran Premio de Italia como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un.[2]

Clasificación do campionato antes da carreira

[editar | editar a fonte]

De cara á fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 295 puntos, 70 puntos por diante de Lando Norris segundo e 103 por diante de Charles Leclerc en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 434 puntos, lideraba o Campionato de Construtores con McLaren e Ferrari, segundo e terceiro con 404 e 370 puntos, respectivamente.[3]

Participantes

[editar | editar a fonte]
O debutante Franco Colapinto (esquerda) saustitúe a Logan Sargeant (centro) en Williams a partir deste Gran Premio. Andrea Kimi Antonelli (dereita) pilotou para Mercedes na primeira sesión de prácticas libres, facendo o seu debut na Fórmula 1.

Os pilotos e os equipos son os mesmos que a lista de inscritos na tempada, coa excepción de Franco Colapinto, que substituira a Logan Sargeant no Williams a partir deste Gran Premio.[4] Colapinto fixo o seu debut na Fórmula Un.[5][6] Andrea Kimi Antonelli conduciu para Mercedes en lugar de George Russell durante a primeira sesión de adestramentos, facendo o seu debut na Fórmula Un.[7]

Pneus dispoñibles

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (os tres máis brandos da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usara neste evento.[8]

Pneus dispoñibles para Monza
Pneus pata pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros
(Tipo C3)
Représentation des pneus medium
sans_cadre
Medios
(Tipo C4)
Représentation des pneus tendres
Brandos
(Tipo C5)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Cambios na pista

[editar | editar a fonte]

Antes do evento, o Circuíto de Monza sufriu importantes cambios. Ademais das melloras das instalacións, os cambios incluíron un repavimentado de toda a pista.[9]

Práctica

[editar | editar a fonte]

Tealizáronse tres sesións de adestramentos libres para o evento. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 30 de agosto de 2024, ás 13:30 hora local (UTC+2), encabezouna Max Verstappen de Red Bull Racing por diante de Charles Leclerc de Ferrari e Lando Norris de McLaren. O debutante Andrea Kimi Antonelli trompeou na curva 11, chocando contra o muro e provocando que a sesión vise a bandeira vermella temporalmente.[10] A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local, e encabezouna Lewis Hamilton de Mercedes por diante de Norris e Carlos Sainz de Ferrari. A terceira sesión de adestramentos celebrouse o 31 de agosto de 2024, ás 12:30 hora local, e encabezouna Hamilton por diante do seu compañeiro de equipo George Russell e Leclerc.[11]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A clasificación celebrouse o 31 de agosto de 2024, ás 16:00 hora local (UTC+2). Lando Norris rematou na pole position por diante do seu compañeiro Oscar Piastri. <Link name="Lando Norris"/>

Clasificación da cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
final
Q1 Q2 Q3
1 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:19.911 1:19.727 1:19.327 1
2 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:20.076 1:19.808 1:19.436 2
3 63 George Russell Mercedes 1:20.169 1:19.877 1:19.440 3
4 16 Charles Leclerc Ferrari 1:20.074 1:20.007 1:19.461 4
5 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:20.149 1:19.799 1:19.467 5
6 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:20.477 1:19.641 1:19.513 6
7 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:20.226 1:19.662 1:20.022 7
8 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:20.598 1:20.216 1:20.062 8
9 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 1:20.542 1:20.314 1:20.299 9
10 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:20.781 1:20.411 1:20.339 10
11 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:20.617 1:20.421 11
12 3 Australia Daniel Ricciardo RB-Honda RBPT 1:20.901 1:20.479 12
13 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:20.856 1:20.698 13
14 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 1:20.748 1:20.738 14
15 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:20.764 1:20.766 15
16 22 Yuki Tsunoda RB-Honda RBPT 1:20.945 16
17 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:21.013 17
18 43 Franco Colapinto Williams-Mercedes 1:21.061 18
19 77 Finlandia Valtteri Bottas Kick Sauber-Ferrari 1:21.101 19
20 24 República Popular da China Guanyu Zhou Kick Sauber-Ferrari 1:21.445 20
107% tempo: 1:25.504
Fonte:[12][13]

A carreira celebrouse o 1 de setembro de 2024, ás 15:00 hora local (UTC+2), e realizouse durante 53 voltas.[11]

Clasificación da carreira

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 16 Charles Leclerc Ferrari 53 1:14:40.727 4 25
2 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 53 +2.664 2 18
3 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 53 +6.153 1 16[14]
4 55 España Carlos Sainz Ferrari 53 +15.621 5 12
5 44 Lewis Hamilton Mercedes 53 +22.820 6 10
6 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 53 +37.932 7 8
7 63 George Russell Mercedes 53 +39.715 3 6
8 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 53 +54.148 8 4
9 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 53 +1:07.456 9 2
10 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 53 +1:08.302[15] 13 1
11 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 53 +1:08.495 11
12 43 Franco Colapinto Williams-Mercedes 53 +1:21.308 18
13 3 Australia Daniel Ricciardo RB-Honda RBPT 53 +1:33.452[16] 12
14 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 52 +1 volta 15
15 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 52 +1 volta 14
16 77 Finlandia Valtteri Bottas Kick Sauber-Ferrari 52 +1 volta 19
17 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 52 +1 volta 10
18 24 República Popular da China Guanyu Zhou Kick Sauber-Ferrari 52 +1 volta 20
19 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 52 +1 volta 17
Ret 22 Yuki Tsunoda RB-Honda RBPT 7 Temperatura 16
Volta rápida: Lando Norris (McLaren-Mercedes) – 1:21.432 (volta 53)
Fonte:[13][17][18]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]


  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
  1. "Monza". StatsF1.com. Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  2. "Grands Prix Italy". StatsF1.com. Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  3. "Netherlands 2024 – Championship". Stats F1. 25 August 2024. Consultado o 25 de agosto 2024. 
  4. "2024 Italian Grand Prix – Entry List" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 30 de agosto de 2024. Consultado o 30 de agosto de 2024. 
  5. "Williams Racing announces that Franco Colapinto will race with the team for the remainder of the 2024 FIA Formula 1 World Championship season". Williams Racing (en inglés). 27 de agosto 2024. Consultado o 27 de agosto de 2024. 
  6. McClure, Michael (2024-08-27). "Colapinto to make F1 debut for Williams at Monza, replacing Sargeant". Feeder Series (en inglés). Consultado o 2024-08-27. 
  7. "Antonelli to make F1 weekend debut at Monza as Mercedes confirm FP1 outing for junior star". formula1.com. 25 de agosto de 2024. Consultado o 25 de agosto de 2024. 
  8. "A Soft September for Pirelli in F1: compounds confirmed for Monza, Baku and Singapore". Pirelli (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  9. Wood, Will (9 de xaneiro de 2024). "Major Monza renovation and resurfacing work begins". RaceFans.net. Consultado o 30 de agosto de 2024. 
  10. "Must-see: Drama at Monza as Antonelli crashes out of F1 practice debut with Mercedes". formula1.com. 30 de agosto de 2024. 
  11. 11,0 11,1 "Italian Grand Prix 2024 – F1 Race". Formula 1. Consultado o 28 de agosto de 2024. 
  12. "Formula 1 Pirelli Grand Premio d'Italia 2024 – Qualifying". Formula 1. 31 August 2024. Consultado o 31 de agosto de 2024. 
  13. 13,0 13,1 "Formula 1 Pirelli Grand Premio d'Italia 2024 – Starting Grid". Formula 1. 31 de agosto de 2024. Consultado o 31 de agosto de 2024. 
  14. Inclúe un punto pola volta rápida.
  15. Kevin Magnussen terminou noveno, pero recibíu unha penalización de tempo de dez segundos por causar unha colisión con Pierre Gasly.
  16. Daniel Ricciardo terminou 12º, pero recibiu un total de 15 segundos de penalización; cinco segundos por forzar a Nico Hülkenberg a saírse da pista e dez segundos por non cumprir correctamente a penalización.
  17. "Formula 1 Pirelli Grand Premio d'Italia 2024 – Race Result". Formula 1. 1 de setembro de 2024. Consultado o 1 de setembro de 2024. 
  18. "Formula 1 Pirelli Grand Premio d'Italia 2024 – Fastest Laps". Formula 1. 1 de setembro de 2024. Consultado o 1 de setembro de 2024. 
  19. 19,0 19,1 "Italy 2024 – Championship". Stats F1. 1 de setembro de 2024. Consultado o 1 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 2024
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2024
Carreira seguinte:
Gran Premio de Acerbaixán de 2024
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 2023
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 2025