Harley Harris Bartlett
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1886 Montana, Estados Unidos de América |
Morte | 21 de febreiro de 1960 (73 anos) Ann Arbor, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard |
Actividade | |
Ocupación | botánico, bioquímico, coleccionista de plantas, explorador, briólogo |
Empregador | Universidade de Míchigan |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Bartlett |
Harley Harris Bartlett, nado en Anaconda, Montana o 9 de marzo de 1886 e finado en Ann Arbor, Míchigan o 21 de febreiro de 1960 , foi un bioquímico e botánico estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Química en Harvard, recibindo o seu A.B. (Bachelor of Arts) en 1908. Despois ingresou como bioquímico na USDA (Oficina estadounidense de vexetais para a industria), traballando na xenética do xénero Oenothera, e participou en expedicións gobernamentais de busca de recursos forestais tropicais.
En 1915 Bartlett trasladouse á Facultade de Bioloxía da Universidade de Míchigan, desenvovendo nela unha carreira académica até chegar en 1921 a profesor titular, director do Departamento de Botánica, entre 1922 e 1947, e curador do Xardín botánico, de 1919 a 1955.
Realizou numerosas exploracións botánicas neste período en Ann Arbor, recolectando flora de rexións tropicais de Asia e América, incluíndo dúas viaxes a Asahan, no nordeste de Sumatra en 1918 e 1927, cando foi contratado pola U.S. Rubber Company. Durante a segunda guerra mundial traballou na Oficina de Investigacións do Caucho da USDA, explorando fontes de caucho en Centro e Suramérica. No ano académico 1934-1935 foi profesor de intercambio na Universidade de Filipinas.
Foi Presidente da Botanical Society of America (Sociedad botánica de América) en 1927, e da Michigan Academy of Science, Arts, and Letters (Academia de Míchigan de Ciencias, Artes e Letras) en 1924-1925.[1]
Despois da súa xubilación permaneceu en Ann Arbor, onde faleceu dun ataque cardíaco o 21 de febreiro de 1960.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- Bartlett, H. H. (1933): "The Nomencalature of Plant Associations". Ecology 14 (2): 157-162
Durante a súa estancia en Sumatra publicou artigos sobre etnografía e lingüística de Batak e de Malay, ademais de historia e d etnohistoria.
- Bartlett, H. H. (1921): "The Grave-post (Anisan) of the Batak of Asahan". Papers of the Michigan Academy of Arts, Sci. & Letters 1: 1-58.
- ---- (1929): "Color Nomenclature in Batak & Malay". Papers of the Michigan Academy of Arts, Sci. & Letters '10: 1-52.
- ---- (1929): "The labors of the Datoe. Part I, An Annotated list of religious, magical & medical practices of the Batal of Asahan". Papers of the Michigan Academy of Arts, Sci. & Letters 12: 1-75
- ---- (1934): "The Problem of negrito & "Vedda" elements in the population of Sumatra". Proc. Pacific Sci. Congress, 5º. 506 P192.5p v.4
- ---- (1952): "A Batak & Malay chant on rice cultivation, with introductory notes on bilingualism & acculturation in Indonesia". APS Proc. 96: 629-652 (inclúe transcricións e traducións de textos de Batak).
Honores
[editar | editar a fonte]- Foi galardoado co Merit Award da "Sociedade Botánica Estadounidense", en 1956.
- O xénero Bartlettina, da familia das Asteraceae, foi así denominado na súa honra.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Bartlett emprégase para recoñecer a Harley Harris Bartlett como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brummitt, R. K. & C. E. Powell (1992): Authors of Plant Names. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-8424-6085-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de ou sobre Harley Harris Bartlett en Internet Archive.
- Harley Harris Bartlett Papers, 1909–1960 en Bentley Historical Library, Universidade de Míchigan.