Hermes (avión espacial)
Hermes foi o nome dun proxecto de avión espacial europeo tripulado que foi finalmente cancelado en 1992.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Hermes foi inicialmente proposto polo CNES francés para logo ser adoptado pola Axencia Espacial Europea. Tería sido capaz de poñer tres astronautas en órbitas de ata 800 km de altitude en misións de ata 90 días de duración e tería sido lanzado mediante os Ariane 5. A data inicial de inicio de operacións coa lanzadeira debería ter sido 1998, pero o disparo dos custos de desenvolvemento (estimados en 12 mil millóns de marcos alemáns do momento) levou a cancelar o proxecto en 1992.[1]
O avión espacial levaría acoplado un módulo desechable onde irían algúns dos experimentos e que sería exectado antes da reentrada atmosférica. Tralo accidente do transbordador espacial Challenger, Hermes foi redeseñado para incluír medidas de seguridade adicionais, o que fixo aumentar os custos de desenvolvemento.[1]