Himawari (satélites)
Himawari, coñecidos tamén como Geostationary Meteorological Satellite (GMS), é unha serie de satélites meteorolóxicos xaponeses en órbita xoestacionaria. A súa misión é mellorar os servizos de predición meteorolóxicos do Xapón. O primeiro Himawari foi lanzado en 1977. Os sucesivos foron ampliando e mellorando ao orixinal. Todos os Himawari foron postos en órbita nunha lonxitude de 140 graos.[1]
Himawari 1
[editar | editar a fonte]Himawari 1 foi construído por Hughes Space and Communications Company para Xapón como subcontrata de NEC e foi lanzado o 14 de xullo de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral. Himawari 1 foi posto en órbita sobre a zona de Asia-Pacífico, observando unha zona que abarcaba desde Australia ata o norte da China, incluíndo o Xapón, Indonesia, Corea, Laos, Mongolia, Nova Zelandia, Filipinas, Taiwán e Vietnam. O satélite usaba o bus Star-27, estabilizábase mediante xiro a 100 r.p.m. e o seu principal instrumento do satélite era o radiómetro VISSR (Visible and Infrared Spin Scan Radiometer), capaz de observar en lonxitudes de onda do visible e o infravermello. As antenas do satélite non xiraban co resto e apuntaban continuamente cara a Terra.[2][1]
Himawari 2, 3, 4 e 5
[editar | editar a fonte]Os sucesivos Himawari ata a quinta unidade tamén foron construídos por Hughes. Foron lanzados entre 1981 e 1995 polos foguetes N-2, H-I e H-II, todos desde o Centro Espacial de Tanegashima. Ao igual que Himawarei 1, estabilizábanse mediante xiro a 100 r.p.m. e usaban o bus Star-27. O seu instrumento principal era o VISSR. Os Himawarei 2 a 4 levaban a bordo tamén un monitor da contorna espacial usado para estudar as partículas emitidos polo Sol e a súa influencia nos sistemas de comunicación por satélite. O VISSR de Himawari 5 podía observar en tres canais de infravermello, a diferenza do único dos seus predecesores.[3][1]
Himawari 6
[editar | editar a fonte]Himawari 6, tamén denominado MTSat 1R (Multifunctional Transport Satellite 1R), rompeu coas anteriores versións da familia. Xa non era un satélite estabilizado mediante xiro, estabilizábase nos tres eixos e foi construído por Space Systems Loral usando o bus SSL-1300. Himawari 6 proporcionaba, ademais de servizos meteorolóxicos, funcións de control e navegación aérea. Cunha masa de 2900 kg, foi lanzado o 26 de febreiro de 2005 mediante un foguete H-IIA para substituír o MTSat 1, destruído durante o seu lanzamento o 15 de novembro de 1999. Himawari 6 foi retirado en 2015 e situado nunha órbita cemiterio.[4][1]
Himawari 7
[editar | editar a fonte]Himawari 7 ou MTSat 2, ao igual que o 6, está adicado tanto á meteoroloxía como a servizos de control aéreo. Foi construído por Mitsubishi Electric e Boeing usando o bus DS-2000. Ten unha masa de 4650 kg e estabilízase nos tres eixos. Leva instrumentos para observar en cinco canais entre o visible e o infravermello, con resolucións de entre 1,25 e 5,0 km.[5][1]
Himawari 8 e 9
[editar | editar a fonte]Himawari 8 e 9 tamén usan o bus DS-2000 e foron construídos por Mitsubishi Electric e Boeing para substituír a Himawari 6 e 7. O instrumento principal de ambos satélites é o AHI, Advanced Himawari Imager, capaz de observar en 16 canais entre o visible e o infravermello, cunha resolución espacial de entre 0,5 e 2,0 km. A bordo leva temán o conxunto de instrumentos SEDA (Space Environment Data Acquisition Monitor) para medir a radiación na órbita xeoestacionaria. Foron lanzados en 2014 e 2016 mediante foguetes H-IIA.[6][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] | Notas[1][2][3][4][5][6] |
---|---|---|---|
Himawari 1 | 14 de xullo de 1977 | Delta 2914 | Éxito |
Himawari 2 | 10 de agosto de 1981 | N-2 | Éxito |
Himawari 3 | 2 de agosto de 1984 | N-2 | Éxito |
Himawari 4 | 5 de setembro de 1989 | H-I | Éxito |
Himawari 5 | 18 de marzo de 1995 | H-II | Éxito |
MTSat 1 | 15 de novembro de 1999 | H-II | Fallo |
Himawari 6 | 26 de febreiro de 2005 | H-IIA | Éxito |
Himawari 7 | 18 de febreiro de 2006 | H-IIA | Éxito |
Himawari 8 | 7 de outubro de 2014 | H-IIA | Éxito |
Himawari 9 | 2 de novembro de 2016 | H-IIA | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2020). "Himawari" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GMS 1 (Himawari 1)" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GMS 2, 3, 4, 5 (Himawari 2, 3, 4, 5)" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MTSat 1, 1R (Himawari 6)" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MTSat 2 (Himawari 7)" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Himawari 8, 9" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Himawari |