Saltar ao contido

Hipocentro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1. Epicentro
2. Foco ou hipocentro
3. Liña de falla

O hipocentro ou foco dun terremoto é o lugar no interior da Terra onde se dá o movemento que produce a liberación de enerxía por medio de ondas sísmicas. Este punto pode estar localizado case na superficie, nos casos onde a actividade sísmica é resultante de vulcanismo. Os hipocentros máis profundos rexistráronse a preto de 700 km de profundidade, na zona de subducción do oeste da América do Sur. Unha vez que a enerxía que causa un terremoto resulta da ruptura fráxil ou semi-fráxil da codia terrestre, a profundidade do hipocentro está limitada á zona máis superficial, onde a cortiza é fráxil (por oposición ao manto que ten características dúctiles.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.