Saltar ao contido

Hitachi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hitachi Ltd.
Inspire the Next

Hitachi
TipoSociedade Anónima
Fundación1910
LocalizaciónChiyoda, Toquio Xapón
FundadorNamihei Odaira
Persoas claveHiroaki Nakanishi (presidente)
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosElectrónica
Telecomunicacións
Mecánica
Número de empregados323.540 (2012)
Na rede
https://www.hitachi.com/ e https://www.hitachi.co.jp/
Facebook: TWhitachi Twitter: HitachiGlobal Instagram: hitachi LinkedIn: hitachi Youtube: UC1uLQAHSG6VXSypf5ng-hCQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hitachi, Ltd. (株式会社日立製作所, Kabushiki-gaisha Hitachi Seisakusho) é unha empresa xaponesa especializada en enxeñaría, electrónica e industria mecánica.

Antigo logo de Hitachi.

Hitachi foi fundada en 1910 polo enxeñeiro eléctrico Namihei Odaira. O seu primeiro produto foi un motor eléctrico de indución de cinco cabalos, inicialmente desenvolvido para o uso na minería do cobre. A empresa de Odaira converteuse pronto en líder nacional en motores eléctricos e na industria das infraestruturas de enerxía eléctrica.

Odaira trasladou a sede a Toquio en 1918. O nome da compañía está baseado na toponimia coa superposición de dúas caracteres kanji: hi que significa "sol" e tachi que significa "lugar". A compañía amosaba as súas aspiracións nacionais transmitindo coa súa marca que simboliza o Xapón imperial e a bandeira do sol nacente.

Hitachi America, Ltd. foi fundada en 1959. Hitachi Europe, Ltd. foi fundada en 1982.

En marzo de 2011 Hitachi acordou a venda da súa filial de discos duros, Hitachi Global Storage Technologies, de Western Digital por unha combinación de efectivo e accións por valor de 4.300 millóns de dólares. A venda completouse en marzo de 2012.

Hitachi mantivo conversacións con Mitsubishi Heavy Industries en agosto de 2011 sobre unha posible fusión das dúas compañías, no que sería a maior fusión de dúas empresas xaponesas na historia. As conversas rompéronse e posteriormente foron suspendidas.

En outubro de 2012 Hitachi acordou adquirir a empresa de enerxía nuclear Horizon do Reino Unido, que planea construír ata seis plantas de enerxía nuclear nese país, con E.ON e RWE por 700 millóns de libras.

En novembro de 2012 Hitachi e Mitsubishi Heavy Industries acordaron fusionar os seus negocios de xeración térmica de enerxía nunha empresa conxunta, o 65% para Mitsubishi Heavy Industries e o 35% por Hitachi. A empresa conxunta planea comezar a operar en 2014.

Maquinaria pesada Hitachi.

Hitachi opera en 11 sectores industriais e comerciais:

  • Sistemas da Información
  • Sistemas de Telecomunicacións
  • Sistemas eléctricos
  • Sistemas comerciais
  • Sistemas industriais
  • Sistemas de automobilismo
  • Dispositivos electrónicos
  • Compoñentes electrónicos
  • Construción (Maquinaria)
  • Servizos financeiros.
  • Loxística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]