Saltar ao contido

Illa Sherbro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Sherbro
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBonthe (distrito), Serra Leoa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 7°33′N 12°42′O / 7.55, -12.7
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións18 (ancho) × 52,4 (lonxitude) km
Superficie600 km² Editar o valor en Wikidata

A Illa Sherbro é unha illa no océano Atlántico situado no distrito Bonthe da Provincia Sur de Serra Leoa. O pobo Sherbro constitúe o maior grupo étnico da illa, separada do continente africano polo río Sherbro ao norte e o estreito Sherbro ao leste.

Ten aproximadamente uns 52 km de longo e uns 18 km de largo abarcando unha superficie duns 600 km cadrados. O seu punto máis occidental é o Cabo St. Ann.

O seu principal porto e centro comercial é Bonthe, no extremo oriental.

A illa dispón duns 65 km de praias tropicais e o Ministro de Turismo e Desenvolvemento de Serra Leoa realizou varios proxectos para o seu desenvolvemento turístico.

Actividades económicas

[editar | editar a fonte]

As principais actividades económicas da illa son o cultivo do arroz, o turismo e a pesca.

O pobo Sherbro habitaba a illa antes da chegada dos europeos. A comezos do século XIX os británicos convertérona nun posto contra o tráfico de escravos. A illa foi adquirida aos Sherbro e unida á colonia de Freetown en 1861.

En 1815 Paul Cuffe instalou a un grupo de 88 escravos liberados en Sherbrod. A illa tamén foi colonizada por Samuel J. Mills e Ebenezer Burgess a petición da Sociedade Americana de Colonización. Esta adquisición autorizouse mediante un acta do Congreso dos Estados Unidos o 3 de marzo de 1819, autorizando o regreso dos escravos negros liberados á súa "patria nai".

Un grupo de escravos libres procedentes de América chegou a Illa Sherbro en 1821, pero as enfermidades e as condicións pantanosas das illas leváronos a abandonala e dirixirse a Cabo Mesurado, onde crearon unha nova colonia en abril de 1822, e que sería o núcleo inicial de Liberia.

A illa foi adquirida ao pobo de Sherbro en 1861 pola British Crown Colony en Freetown. Administrouse baixo o goberno colonial ata que Serra Leoa logrou a independencia en 1961.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]