Intocable
Intocable | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Intouchables |
Director | Olivier Nakache Éric Toledano |
Produtor | Nicolas Duval-Adassovsky Laurent Zeitoun Yann Zenou |
Guión | Olivier Nakache Éric Toledano |
Intérpretes | François Cluzet Omar Sy |
Música | Ludovico Einaudi |
Fotografía | Mathieu Vadepied |
Montaxe | Reynald Bertrand |
Distribuidora | Gaumont |
Estrea | Donostia: 23 de setembro de 2011 2 de novembro de 2011 25 de decembro de 2015 (TVG) |
Duración | 113 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Comedia, Drama |
Orzamento | €9 500 000 |
Recadación | €346 000 000[1] |
Na rede | |
http://weinsteinco.com/sites/the-intouchables/ | |
Intocable (en francés: Intouchables) é un filme francés dirixido por Olivier Nakache e Éric Toledano que se estreou no 2011. Está protagonizado por François Cluzet e Omar Sy. A historia está baseada en feitos reais. Estreouse en galego na TVG o 25 de decembro de 2015.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Philippe, un aristócrata que ficou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal acabado de saír do cárcere. Aínda que, a primeira vista, non semella a persoa máis indicada, os dous acaban logrando que convivan Vivaldi e Earth, Wind & Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, pouco a pouco, conxenian ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- François Cluzet como Philippe
- Omar Sy como Driss
- Audrey Fleurot como Magalie
- Clotilde Mollet como Marcelle
- Anne Le Ny como Yvonne
- Alba Gaïa Kraghede Bellugi como Elisa
- Cyril Mendy como Adama
- Christian Ameri como Albert
- Grégoire Oestermann como Antoine
- Marie-Laure Descoureaux como Chantal
- Absa Dialou Toure como Mina
- Salimata Kamate como Fatou
- Ludovico Einaudi como Músico
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2012: Premio Goya á mellor película europea
- 2011: Premios Cesar: Mellor actor (Omar Sy). 9 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2011: Festival de San Sebastián: Sección oficial non competitiva - Clausura.
- 2011: Festival de Tokyo: Mellor filme, mellor actor (François Cluzet e Omar Sy).
- 2011: Nomeada Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wulfmansworld.com (ed.). "Die weltweit erfolgreichsten Kinofilme aller Zeiten - Top 256". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2013.
- ↑ Crtvg Galicia (ed.). "Intocable na TVG". Consultado o 3 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Intocable na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)