Jabir ibn Hayyan
Nome orixinal | (ar) جابر بن حيّان بن عبد الله الكوفي الأزدي |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 721 Tus, Irán |
Morte | 815 (93/94 anos) Cufa, Iraq (pt) |
Relixión | Islam e Xiísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Alquimia e química |
Ocupación | astrónomo, alquimista, polímata, médico, filósofo, matemático, farmacéutico |
Período de tempo | Idade do Ouro islámica |
Profesores | Ja'far al-Sadiq |
Alumnos | Dhul-Nun al-Misri (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Abu Mūsā Jābir ibn Hayyān (en árabe: جابر بن حیان, en persa: جابر بن حیان, que tamén recibiu os nisbas de al-Bariqi, al-Azdi, al-Kufi, al-Tusi ou al-Sufi e tamén coñecido coa forma latinizada do seu nome, Geber, nado en Tus (Persia) contra o 721 e finado en Kufa contra o 815,[1] foi un polímata: alquimista e químico, astrónomo e astrólogo, enxeñeiro, xeógrafo, filósofo, médico e farmacéutico. Foi descrito como o pai da química inicial.[2][3]
Xa a principios do século X, a identidade e os traballos propios de Jabir eran discutidos en círculos islámicos.[4] O seu nome foi latinizado como "Geber" no mundo occidental e no século XIII un escritor anónimo, que adoita ser citado como Pseudo-Geber, redactou obras sobre alquimia e metalurxia baixo o nome de Geber.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jabir naceu contra o ano 721 na provincia de Khurasan, en Persia oriental. Fillo dun farmacéutico da tribo azd, orixinaria do Iemen, que foi executado por participar nunha conspiración contra o califato Omeia, foi enviado a Arabia, onde estudou matemáticas e foi discípulo do imán xiíta Ya`far as-Sadiq. Tras este período, viviu case toda a vida en Kufa (Iraq). A pesar das súas inclinacións ao misticismo (foi alcumado al-Sufa) e á superstición, recoñecía claramente a importancia da experimentación:
A primeira cousa esencial na alquimia, é que se deben levar a cabo traballos aplicados e experimentos, xa que aquel que non os realiza xamais alcanzará os máis altos graos do coñecemento.
Os seus traballos constituíron avances significativos para a alquimia, tanto no plano teórico como no da experimentación. Os seus libros influíron notablemente nos alquimistas europeos. Atribúeselle a paternidade dun gran número de instrumentos de laboratorio.
Teoría
[editar | editar a fonte]A pesar de coñecer a existencia dos elementos químicos, Jabir ibn Hayyan prefería clasificalos como "substancias". Isto débsese a que á vez apoiaba a teoría dos catro elementos (auga, lume, terra e aire).
Jabir adoptou inicialmente a existencia de catro naturezas: calor, humidade, frialdade e sequidade. Estas naturezas únense coas substancias e desta unión nacen os compostos de primeiro grao, é dicir, o quente, o húmido, o frío e o seco. Á súa vez, estes compostos producen os elementos segundo o esquema:
- Quente + Seco + Substancia = Lume
- Quente + Húmido + Substancia = Aire
- Frío + Húmido + Substancia = Auga
- Frío + Seco + Substancia = Terra
Non obstante, complica máis a súa teoría, xa que introduce unha distinción entre as naturezas internas e as naturezas externas do metal. Por exemplo, o chumbo é quente e húmido no seu interior, pero frío e seco no seu exterior.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Abu Musa Jabir ibn Hayyan". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 11 de febreiro de 2008.
- ↑ Derewenda, Zygmunt S. (2007). "On wine, chirality and crystallography". Acta Crystallographica A 64: 246–258 [247]. Bibcode:2008AcCrA..64..246D. PMID 18156689. doi:10.1107/s0108767307054293.
- ↑ John Warren (2005). "War and the Cultural Heritage of Iraq: a sadly mismanaged affair", Third World Quarterly, Volume 26, Issue 4 & 5, p. 815-830.
- ↑ Brabner, Tod (2005). "Jabir ibn Hayyam (Geber)". En Thomas F. Glick; Steven John Livesey; Faith Wallis. Medieval Science, Technology, and Medicine: An Encyclopedia. Psychology Press. pp. 279–281. ISBN 978-0-415-96930-7.
- ↑ Principe, Lawrence (2013). "2". The Secrets of Alchemy. Chicago: University of Chicago. ISBN 0226682951., « Jabir Ibn Haiyan, known by the name of the alchemist Geber of the Middle Ages, is generally known as the Father of Chemistry »
- ↑ Manual de prácticas de físico-química, Unidad 1, pág. 23, Yabir (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jabir ibn Hayyan |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Columbia Encyclopedia
- Artigo en Islam Online
- Artigo en Famous Muslims
- Artigo en Islam Online
- Artigo en Al Shindagah (inclúe un extracto de The Discovery of secrets)