Jacopo della Quercia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1374 Quercegrossa, Italia (en) |
Morte | 20 de outubro de 1438 (63/64 anos) Siena, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Ocupación | escultor |
Movemento | Renacemento |
Alumnos | Niccolò da Bologna (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Priamo della Quercia |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.1, Iacopo dalla Quercia scultore sanese) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Jacopo di Pietro D'Agnolo di Guarnieri, coñecido como Jacopo della Quercia, nado en Siena en 1374 e finado en 1438, foi un escultor italiano do Alto Renacemento ou Quattrocento. Tentou realizar unha síntese entre a escultura gótica de Giovanni Pisano e a borgoñoa, especialmente a de Claus Sluter, por unha banda, e co clasicismo da Antig��idade por outra, asimilando as descubertas recentes do renacemento florentino: o seu maior interese verteuse nas figuras humanas, que rendeu monumentais e atravesadas dunha vitalidade rachadora. A súa obra non achou continuadores inmediatos, podéndose falar del como dun artista illado, que só sería sucedido por Michelangelo.
Biografía artística
[editar | editar a fonte]Nado en Siena, probabelmente entre o 1371 e o 1374. Seu pai era ourive e tallista en madeira, chamado Piero d’Angelo di Guarnieri, e a súa nai, Maddalena. Arredor de 1386 trasladouse coa súa familia a Lucca, onde entrou a traballar nun obradoiro co escultor Antonio Pardini.
No 1401 participou no concurso para a execución da porta norte do Baptisterio de Florencia.
En Ferrara
[editar | editar a fonte]En setembro de 1403 estaba en Ferrara para executar no Duomo a marmórea Madonna da milgranda, terminada en 1408. No estilo destas obras transparéntanse os influxos do gótico internacional, que o autor fai propios nunha estancia en Bologna.
En Lucca
[editar | editar a fonte]Entre 1406 e 1407, realiza o monumento funerario de Hilaria del Carretto, na catedral de San Martino de Lucca obra encargado polo marido daquela, Paolo Guinigi, señor de Lucca, nel 1405. A iconografía deriva da Borgoña, co retrato da defunta, ricamente vestida, que xace deitada nun cadaleito, e un cadeliño aos pés, símbolo da fidelidade conxugal; os laterais do cadaleito están decorados con putti, motivo tomado dos sarcófagos clásicos.
En Siena
[editar | editar a fonte]No 1409 foille encargada a Fonte Gaia, na praza do Campo en Siena, na que traballou desde 1414 até 1419. A obra era un tanque rectangular circundado en tres lados por un alto paramento, no que os dous lados curtos acollen baixorrelevos coa Creación de Adán e o Expulsión do Paraíso e, en pilastras anteriores a estatuas de vulto redondo de Rea Silvia e Acca Larencia. No paramento máis longo e central a Madonna co Neno, nun trono, arrodeada de Virtudes e Anxos. Nos relevos as figuras emerxen da superficie apenas definidas por un perfil oval con efectos de movemento circular; nas dúas estatuas de vulto redondo, as figuras seguen un perfil serpentino, equilibrando coa cabeza a curva do costado. A obra foi substituída por unha copia realizada en 1858 por Tito Sarrocchi, entanto o que ficaba do orixinal consérvase no museo do hospital Santa Maria della Scala, na Praza do Duomo.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Do 1421 é o grupo entallado en madeira da Anunciación, executado para a Colexiata de San Gimignano.
Para a capela da familia Trenta na Basílica de San Frediano, en Lucca, fixo, en 1422, algunhas tumbas e o políptico esculpido: as figuras deste último son alongadas e serpentinatas, consonte o estilo do gótico internacional.
Entre 1425 e 1427 executou o relevo o Anuncio a Zacarías e cinco profetas, e máis o san Xoán Bautista para a pía bautismal de Siena. No relevo das figuras dotadas dunha vitalidade exultante, preceden á arquitectura.
De 1425 a 1434, traballou na decoración do portal central da basílica de San Petronio en Bologna. O ciclo comprendía relevos con historias da Xénese e da mocidade de Cristo. As figura son dinámicas e macizas. Nestas escenas obtén éxitos impresionísticos que serán retomados posteriormente por Miguelanxelo.
No ano 1435 traballa no monumento fúnebre de Bentivoglio, na igrexa de San Giacomo Maggiore de Bologna.
O seu irmán Priamo della Quercia foi pintor, aínda que sen relevancia artística.
Outras obras
[editar | editar a fonte]- Madonna con Neno, talla en madeira policromada, Museo do Louvre, París.
- Madonna da Humildade, mármore, 1400, National Gallery, Washington.
- Madonna da Milgranda, mármore, 1406, Museo da Catedral de Ferrara.
Obra de obradoiro
[editar | editar a fonte]- Madona con Neno, terracota, Museo do Louvre.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jacopo della Quercia |