Saltar ao contido

Javier Rojo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavier Rojo

(2009) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco Javier Rojo García Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Senado de España
2 de abril de 2004 – 13 de decembro de 2011
← Juan José LucasPío García-Escudero →
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 7 de maio de 2002 – Miguel Ángel Uzquiza González (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Áraba
Deputado no Congreso dos Deputados
15 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Araba

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: Araba

Deputado no Congreso dos Deputados
13 de marzo de 1984 – 23 de abril de 1986
← José María Benegas

Circunscrición electoral: Araba

Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4953178

Francisco Javier Rojo García, nado en Pamplona, Navarra o 2 de marzo de 1949, normalmente chamado Javier Rojo, é un político español, membro do PSE-EE e presidente do Senado de España entre 2004 e 2011.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu o 2 de marzo de 1949 na cidade de Pamplona. Trasladouse a Vitoria cando era moi novo. Casado e con dúas fillas. En abril de 2004 é nomeado presidente do Senado. Aínda que practicamente a súa vida foi na capital vasca, sempre se considerou moi pamplonés e moi navarro.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

Membro da UXT dende 1976, ó ano seguinte ingresou no Partido Socialista de Euskadi (PSE), sendo posteriormente Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Vitoria, cidade da cal foi rexedor no seu concello entre os períodos 1983-1984 e 1991-1996. Así mesmo, foi deputado foral de Áraba nos períodos 1979-1983 e 1987-1991, e procurador das Xuntas Xerais de Álava (1983-1987 e 2003-2004). Nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado no Congreso pola circunscrición de Áraba, escano que repetiría nas eleccións de 1986 e 1989. Nas eleccións xerais de 1993 foi elixido senador no Senado por Áraba, sendo reelixido nas eleccións de 1996, 2000, 2004 e 2008. Dende a vitoria do PSOE nas eleccións de 2004 ocupa o cargo de Presidente do Senado. Polo segundo mandato, foi o único candidato á presidencia e resultou elixido por maioría absoluta ao obter 134 dos 253 votos emitidos.[1] O resto foron 117 votos en branco e 2 votos a prol do político do PSOE Joan Lerma, que foron declarados nulos ó non terse presentado este á elección.

  1. Rojo, reelegido presidente del Senado por mayoría absoluta Arquivado 24 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Cadena Ser, 1 de abril de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]