Jean Gabin
Jean-Alexis Moncorgé, nado en París o 17 de maio de 1904 e finado en Neuilly-sur-Seine (Altos do Sena) o 15 de novembro de 1976 foi un actor francés coñecido como Jean Gabin ([ʒɑ̃ gabɛ̃]).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gabin naceu en París, fillo de Madeleine Petit e Ferdinand Moncorgé, artista de café que empregaba como nome artístico Gabin.[1] Criouse en Mériel (Val do Oise) e abandonou o colexio axiña, traballando como peón ata os dezanove anos, cando entrou no mundo do espectáculo cun pequeno papel nunha produción de Folies Bergères.
Continuou a interpretar papeis ata que entrou no servizo militar. Cando o rematou, volveu traballar co nome de Jean Gabin en music halls e operetas de París imitando o estilo de Maurice Chevalier. Participou nunha xira por Suramérica e á volta conseguiu traballo no Moulin Rouge, facendo personaxes cada vez máis importantes e protagonizando en 1928 dous filmes mudos.
Dous anos despois pasou ao cinema sonoro coa produción Chacun sa Chance. Conseguiu sona coa súa interpretación en Maria Chapdelaine, dirixido en 1934 por Julien Duvivier. En 1937, de novo con Duvivier, protagonizou o éxito Pépé le Moko, que lle deu fama internacional. Participou tamén en filmes de Jean Renoir coma La Grande Illusion ou A besta humana.
Chamado por Hollywood, rexeitou as ofertas ata o inicio da segunda guerra mundial. Trala ocupación de Francia, uniuse a Renoir e Duvivier nos Estados Unidos. Divorciado da súa segunda esposa en 1939, durante a súa estadía en Hollywood Gabin iniciou un tórrido romance con Marlene Dietrich. Porén, os seus filmes estadounidenses non tiveron éxito. Cunha personalidade difícil, feriu a súa carreira en Hollywood mentres traballaba para a RKO Pictures: contratado nun filme, no último momento esixiu que Dietrich fixera o papel coprotagonista e o estudio rexeitouna. Cando Gabin insistiu foi despedido e abandonouse o proxecto.
Impertérrito, uniuse ás forzas militares do xeneral Charles de Gaulle e foi condecorado polo seu valor no norte de África. Tralo desembarco de Normandía Gabin formou parte do continxente militar que liberou París.
En 1946 foi contratado por Marcel Carné para Les Portes de la Nuit, pero o seu comportamento fixo que fose despedido de novo. Atopou entón un director e produtor francés disposto a contratalo a el e a Marlene Dietrich, pero o filme, Martin Roumagnac, foi un fracaso e acabou a súa relación persoal. En 1947 Gabin volveu o teatro, mais a produción tamén foi un fracaso.
A pesar de que a carreira parecía destinada ao esquecemento, volveu á primeira liña co Touchez pas au grisbi (1954), de Jacques Becker, que foi un éxito internacional. Nos seguinte vinte anos participou en máis de cincuenta filmes, moitos deles éxitos de crítica e público.
Faleceu de leucemia no Hospital Americano de París. Foi incinerado e as súas cinzas foron lanzadas ao mar dende un barco con honores militares.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Director | Notas |
---|---|---|---|---|
1931 | Paris-Beguin | Bob | Augusto Genina | |
1932 | Les gaietés de l’escadron | Fricot | Maurice Tourneur | |
1933 | Le tunnel | Allan Mac Allan | Curtis Bernhardt | Versión francesa dun filme alemán |
1934 | Maria Chapdelaine | François Paradis | Julien Duvivier | |
1934 | Zouzou | Jean, un orfo | Julien Duvivier | |
1935 | La Bandera | Pierre Gilleth | Julien Duvivier | |
1936 | Les Bas-fonds | Wasska Pepel | Jean Renoir | |
La belle équipe | Jeannot | Julien Duvivier | ||
1937 | Pépé le Moko | Pépé | Julien Duvivier | |
La Grande illusion | Tenente Maréchal | Jean Renoir | ||
Gueule d'amour | Lucien Bourrache | Jean Grémillon | ||
1938 | Coral Reefs | Trott Lennart | Maurice Gleize | |
Le Quai des brumes | Jean | Marcel Carné | ||
A besta humana | Jacques Lantier | Jean Renoir | ||
1939 | Le jour se lève | François | Marcel Carné | |
1941 | Remorques | Captain André Laurent | Jean Grémillon | |
1942 | Moontide | Bobo | Archie Mayo | |
1944 | The Impostor | Clement | Julien Duvivier | |
1946 | Martin Roumagnac | Martin Roumagnac | Georges Lacombe | |
1949 | Au-delà des grilles | Pierre Arrignon | René Clément | |
1951 | È più facile che un cammello... | Carlo Bacchi | Luigi Zampa | |
1952 | La Vérité sur Bébé Donge | François Donge | Henri Decoin | |
Le Plaisir | Joseph Rivet | Max Ophüls | ||
La Minute de vérité | Pierre Richard | Jean Delannoy | ||
1954 | Touchez pas au grisbi | Max | Jacques Becker | |
Razzia sur la chnouf | Henri Ferré | Henri Decoin | ||
1955 | Napoléon | Jean Lannes | Sacha Guitry | Cameo |
French Cancan | Henri Danglard | Jean Renoir | ||
Gas-oil | Jean Chape | Gilles Grangier | ||
1956 | Des gens sans importance | Jean Viard | Henri Verneuil | |
Voici le temps des assassins | André Chatelin | Julien Duvivier | ||
Le sang à la tête | François Cardinaud | Gilles Grangier | ||
La Traversée de Paris | Grandgil | Claude Autant-Lara | ||
Crime et Châtiment | Comisario Gallet | Georges Lampin | ||
1957 | Le rouge est mis | Louis Bertain / Louis le Blond | Gilles Grangier | |
1958 | Maigret tend un piège | Jules Maigret | Jean Delannoy | |
Le désordre et la nuit | Inspector Georges Vallois | Gilles Grangier | ||
Les Misérables | Jean Valjean | Jean-Paul Le Chanois | ||
En cas de malheur | André Gobillot | Claude Autant-Lara | ||
Les Grandes Familles | Noël Schoudler | Denys de La Patellière | ||
1959 | Archimède le clochard | Archimède | Gilles Grangier | |
Maigret et l'Affaire Saint-Fiacre | Jules Maigret | Jean Delannoy | ||
Rue des prairies | Henri Neveux | Denys de La Patellière | ||
1961 | Le Président | Émile Beaufort | Henri Verneuil | |
Le cave se rebiffe | Ferdinand Maréchal | Gilles Grangier | ||
1962 | Le Gentleman d'Epsom | Richard Briand-Charmery | Gilles Grangier | |
Un singe en hiver | Albert Quentin | Henri Verneuil | ||
1963 | Mélodie en sous-sol | Mister Charles | Henri Verneuil | |
Maigret voit rouge | Jules Maigret | Gilles Grangier | ||
1964 | Monsieur | René Duchêne / Georges Baudin | Jean-Paul Le Chanois | |
1965 | Le Tonnerre de Dieu | Léandre Brassac | Denys de La Patellière | |
1966 | Du rififi à Paname | Paul Berger | Denys de La Patellière | |
1967 | Le Soleil des voyous | Denis Ferrand | Jean Delannoy | |
1968 | Le Pacha | Comisario Louis Joss | Georges Lautner | |
Le tatoué | Comte Enguerand | Denys de La Patellière | ||
1969 | Le Clan des Siciliens | Vittorio Manalese | Henri Verneuil | |
1970 | La Horse | Auguste Maroilleur | Pierre Granier-Deferre | |
1971 | Le Chat | Julien Bouin | Pierre Granier-Deferre | |
1972 | Le Tueur | Commissaire Le Guen | Denys de La Patellière | |
1973 | Deux hommes dans la ville | Germain Cazeneuve | José Giovanni | |
1974 | Verdict | Xuíz Leguen | André Cayatte | |
1976 | L'année sainte | Max Lambert | Jean Girault |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Books.google.ca, ed. (2 de xullo de 2010). Qui est qui en France - Jacques Lafitte, Stephen Taylor - Google Books. Consultado o 16 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Gabin |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jean Gabin na IMDb (en inglés).
- Museo Jean Gabin de Mériel
- Jean Gabin(en italiano)