Saltar ao contido

Jean M. Auel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean M. Auel
Nome orixinal(en) Jean M. Aue Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jean Marie Untinen Editar o valor en Wikidata
18 de febreiro de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Portland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorTektronix (en) Traducir (1965–1976) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFicção pré-histórica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioJean M. Auel
Jean M. Untinen-Auel Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webjeanauel.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0041652 BNE: XX879784 Bitraga: 3668 Editar o valor en Wikidata

Jean Marie Auel, nada como Jean Marie Untinen o 18 de febreiro de 1936 en Chicago, Illinois, é unha escritora estadounidense. É coñecida pola súa saga de libros Os fillos da terra (Earth's Children), unha serie de novelas ambientadas na Europa prehistórica que explora as interaccións dos homes de Cro-Magnon cos Neanderthais. No ano 2010, as súas novelas tiñan vendido máis de 45 millóns de copias por todo o mundo.[1]

En 1990, os primeiros tres libros de Auel da saga Os fillos da terra venderon máis de 20 millóns de copias e foron traducidos a 18 linguas; Crown Publishers declarou ter pagado a Auel preto de 25 millóns de dólares polos dereitos para publicar The Plains of Passage e os dous volumes seguintes.[2] En maio de 2002, durante a publicación do seu quinto libro, a serie vendera 34 millóns de libros.[3] O sexto e derradeiro libro da serie, The Land of Painted Caves, foi publicado no 2011.[4]

  1. O clan do oso das cavernas, (The Clan of the Cave Bear) 1980
  2. O val dos cabalos, 1982 (The Valley of Horses)
  3. Os cazadores de mamuts, 1985 (The Mammoth Hunters)
  4. As chairas do tránsito, 1990 (The Plains of Passage)
  5. Abeiros de pedra, 2002 (The Shelters of Stone)
  6. A terra das covas pintadas, 2011 (The Land of Painted Caves)
  1. Publisher's Weekly
  2. "Books: Queen of The Ice Age Romance". Time. 22 de outubro de 1990. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 4 de maio de 2010. 
  3. "Books: Romancing The Stone Age". Time. 13 de maio de 2002. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012. Consultado o 2010-05-04. 
  4. "New Jean Auel". 27 de maio de 2010. Consultado o 2010-05-27.