KK Vojvodina
Vojvodina | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | KLS |
Fundación | 1948 |
Historia | KK Sloga (1948–1950) |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Željko Rebrača |
Adestrador | Miloš Isakov Kovačević |
Localización | |
Cidade | Novi Sad, Serbia |
Pavillón | SPC Vojvodina |
Capacidade | 6 987 |
Inauguración | 14 de abril de 1981 |
kkvojvodina.rs |
- Non confundir co KK Vojvodina Srbijagas.
O Košarkaški klub Vojvodina (serbio: Кошаркашки клуб Војводина) é un club profesional de baloncesto serbio con sede na cidade de Novi Sad, Voivodina. Fundado en 1948, o equipo disputa os seus partidos como local no SPC Vojvodina, pavillón con capacidade para 6 987 espectadores. Actualmente compite na Košarkaška liga Srbije, máxima categoría do baloncesto serbio.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1945 creouse unha sección de baloncesto dentro do club de ximnasia Sloga, pero só comezou a participar en competicións oficiais en 1948, polo que 1948 é considerado o ano oficial da fundación do club. O KK Vojvodina recibiu o seu nome actual en decembro de 1950, e en 1952 pasou de ser unha sección a un club propoiamente dito. En 1962, o equipo debutou na Segunda Liga Federal, obtendo un destacábel terceiro posto. Na temporada 1974−75 o Vojvodina debuta na Primeira Liga Federal de Iugoslavia, mais só permaneceu na categoría unha temporada ao finalizar en 13º lugar (de 14) con 7 vitorias por 19 derrotas. En 1981 o club trasládase ao seu actual pavillón, o SPENS. En 1988, baixo a dirección de Dušan Ivković o club regresou á máxima categoría.
Na temporada de 1989−90. Vojvodina logrou un excelente 5º lugar e asegurou a súa participación na Copa Korać. Na súa primeira participación en competicións continentais, o club eliminou en primeira rolda ao VGNN Donar cun marcador acumulado após dous encontros de 153–192, mais na segunda rolda perderían contra os futuros campións, o Shampoo Clear Cantù, por tan só dous puntos de diferenza (167–169). Na seguinte temporada o Vojvodina volveu ocupar o quinto posto, porén, esa foi a última temporada desta competición debido ao colapso da República Federal Socialista de Iugoslavia.
O club continuou coa competición na Primeira Liga da República Federal de Iugoslavia, mais xa na primeira temporada o club descendeu. Volveu á elite na temporada 1994−95, pero volveu descender de novo. Após outro ascenso e descenso máis, o club entrou en varios procesos de fusión con outros equipos coa idea de salvar, sen éxito, o baloncesto de Novi Sad. Durante a década de 2000 e comezos de 2010, o club foi tamén coñecido como o Vello Vojvodina para distinguirse do Vojvodina Srbijagas un novo club da cidade que xogou na máxima categoría do baloncesto serbio entre 2000 e 2016. Durante esta etapa, o Vojdovina funcionou como equipo reserva do Srbijagas. Despois da desparición do novo club en 2016, o Vojvodina recibiu a moitos dos seus xogadores e ascendeu á Liga de Baloncesto de Serbia para a temporada 2017-18.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Ao longo do anos, o KK Vojvodina recibiu diferentes nomes por motivos de patrocinio:
- Privredna banka (1992–1994)
- Vojvodina Panšped (1994–1995)
- Vojvodina NIS NAP (1998–1999)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Zlatko Bolić
- Dušan Bulut
- Zoran Jovanović
- Dragan Lukovski
- Veselin Petrović
- Jovo Stanojević
- Dino Bilalović
Adestradores
[editar | editar a fonte]- Oskar Bozo (1948)
- Vojislav Panić
- Stevan Putnik
- Geza Pastor
- Leliks Seleši
- Ladislav Demšar (1961–1964)
- Dušan Šušnjević (1964–1967)
- László Rátgéber (1967–1968)
- Ištvan Šmit
- Milutin Minja (1973–1974)
- Dragan Kecojević (1970s)
- László Mezei (1975–1976)
- Ferenc Gal (1976)
- Silvester Tóth (1976–1977)
- Dušan Ivković (1987–1990)
- Jovan Malešević (1990–1991)
- Nenad Mušikić (1991)
- Zoran Mirković (1991–1992)
- Branislav Jemč (1992)
- Borislav Džaković (1992)
- Nenad Mušikić (1993)
- Rajko Toroman (1993)
- Boško Đokić (1993–1994)
- Janko Lukovski (1994–1995)
- Goran Miljković (1995–1996)
- Jovan Malešević (1996)
- Janko Lukovski (1996–1997)
- Željko Lukajić (1997–1998)
- Ljubomir Poček (1998–1999)
- Mile Medaković (1999–2002)
- Zoran Trivan (2002–2003)
- Miodrag Bojković (2003–2004)
- Ivica Mavrenski (2004–2005)
- Vladan Dragosavac (2005–2011)
- Filip Socek (2015–2019)
- Marko Skoko (2019)
- Filip Socek (2019–2020)
- Miroslav Nikolić (2020–2022)
- Miloš Isakov Kovačević (2022–presente)