Kingston, Ontario
Kingston (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Provincia | Ontario | ||||
Condado | Condado de Frontenac (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 132.485 (2021) (294,16 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 450,39 km² | ||||
Bañado por | Lago Ontario e Río San Lourenzo | ||||
Altitude | 93 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | René Robert Cavelier de La Salle | ||||
Creación | 1673 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 613 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cityofkingston.ca |
Kingston é unha cidade da provincia canadense de Ontario situada no extremo nordeste do lago Ontario. Segundo o censo de poboación de 2021, tiña unha poboación de 132 485 habitantes nunha área de 451,58 km² e unha densidade de poboación de 293,4 hab./km².[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase no nacemento do río San Lourenzo e na desembocadura do río Cataraqui, na parte sur e final da canle Rideau. Kingston está a medio camiño entre Toronto e Montreal e moi preto das illas Thousand. Kingston tamén recibe o alcume de "cidade calcaria" por mor da cantidade de edificios relevantes que posúe construídos con pedra calcaria da zona.
Historia
[editar | editar a fonte]A crecente exploración europea no século XVII e o desexo dos europeos de estabelecerse de forma permanente preto dos nativos da zona para controlar o comercio, levaron á fundación dun posto comercial francés e a construción dun forte militar nun lugar coñecido como "Cataraqui" en 1673. O posto avanzado, chamado inicialmente Forte Cataraqui, e máis tarde Forte Frontenac, converteuse nun importante asentamento. Trala conquista de 1760, a zona pasou ao control británico.[2] Cataraqui pasou a chamarse Kingston despois de que os británicos tomaron posesión do forte e, na década de 1780, os lealistas comezaron a asentarse na rexión.
Kingston foi a primeira capital da Provincia Unida do Canadá o 10 de febreiro de 1841.[3] Porén, o seu tempo como capital rematou en 1844, aínda que seguiu mantendo instalacións militares importantes. A cidade é un referente rexional a nivel educativo e de saúde, acollendo dúas universidades e tres hospitais.
Kingston tamén foi a capital do condado de Frontenac até 1998, ano no que pasou a ser unha municipalidade propia allea ao condado. Kingston e a súa área metropolitana son a décima aglomeración urbana da provincia de Ontario.
Clima
[editar | editar a fonte]Datos climáticos para Kingston, 1981–2010,[a] e datos máximos entre 1872 e a actualidade [b] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 13,5 | 14,4 | 24,0 | 30,7 | 31,7 | 35,0 | 35,6 | 34,5 | 33,3 | 25,1 | 21,1 | 16,1 | 35,6 |
Media máxima en °C | −3,1 | −2,1 | 2,9 | 10,3 | 16,4 | 21,7 | 24,9 | 24,1 | 19,5 | 13,1 | 7,0 | 0,8 | 11,3 |
Media diaria en °C | −7,6 | −6,6 | −1,6 | 5,7 | 11,8 | 17,0 | 20,4 | 19,6 | 15,0 | 8,9 | 3,2 | −3,3 | 6,9 |
Media mínima en °C | −12 | −11,1 | −6,1 | 1,1 | 7,1 | 12,3 | 15,8 | 15,1 | 10,5 | 4,5 | −0,6 | −7,4 | 2,4 |
Temperatura mínima en °C | −34,5 | −35,6 | −27,8 | −17,2 | −6,1 | 0,6 | 6,0 | 3,3 | −1,7 | −7,5 | −25,6 | −34,4 | −35,6 |
Precipitación media mm | 65,2 | 65,1 | 69,2 | 87,1 | 76,9 | 72,0 | 64,0 | 93,7 | 89,7 | 92,4 | 100,3 | 84,1 | 959,6 |
Chuvia media mm | 29,2 | 29,0 | 41,3 | 77,5 | 76,9 | 72,0 | 64,0 | 93,7 | 89,7 | 91,0 | 92,4 | 52,2 | 808,7 |
Nevada media cm | 39,5 | 39,1 | 25,4 | 8,1 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 1,2 | 8,0 | 35,9 | 157,1 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.2 mm) | 16,1 | 13,9 | 12,8 | 13,5 | 12,9 | 11,4 | 9,3 | 11,1 | 12,3 | 13,7 | 16,2 | 15,8 | 159,1 |
Media de días con chuvia (≥ 0.2 mm) | 5,4 | 5,1 | 8,2 | 11,9 | 12,9 | 11,4 | 9,3 | 11,1 | 12,3 | 13,6 | 14,0 | 8,1 | 123,4 |
Media de días con neve (≥ 0.2 cm) | 13,2 | 11,1 | 7,3 | 2,6 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,40 | 4,3 | 11,5 | 50,4 |
Media de horas de sol mensuais | 93,2 | 113,1 | 144,2 | 161,8 | 218,0 | 243,7 | 279,3 | 238,7 | 164,4 | 139,7 | 89,5 | 73,1 | 1 958,8 |
Porcentaxe de sol | 32,4 | 38,5 | 39,1 | 40,2 | 47,7 | 52,6 | 56,5 | 55,0 | 43,7 | 40,9 | 30,9 | 26,4 | 42,2 |
Fonte: Environment Canada[4][5][6][7][8] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos medios recollidos no aeroporto Kingston Norman Rogers entre 1981 e 1996.
- ↑ As temperaturas máximas e mínimas recolléronse na Universidade Queen entre xullo de 1872 e marzo de 1957, en Kingston (Ontario Hydro) dende abril de 1957 a xuño de 1967, no aeroporto entre xullo de 1967 e setembro de 1996, na estación de bombeo de Kingston entre outubro de 1996 a novembro de 2007 e no aeroporto entre xullo de 2008 até o presente.
- Referencias
- ↑ Statistics Canada, ed. (9 de febreiro de 2022). "Population and dwelling counts: Canada, provinces and territories, census divisions and census subdivisions (municipalities), Ontario". Consultado o 27 de marzo de 2022.
- ↑ Preston, Richard A. (1959). Kingston before the War of 1812: A Collection of Documents (Ontario Series). The Publications of the Champlain Society. p. 37. ISBN 978-1-4426-1850-3. doi:10.3138/9781442618503.
- ↑ Osborne 2011, p. 81
- ↑ Environment Canada (ed.). "Kingston A". Canadian Climate Normals 1981–2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2013.
- ↑ Goberno do Canadá, ed. (25 de setembro de 2013). "Kingston Pumping Station". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 20 de maio de 2016.
- ↑ Goberno do Canadá, ed. (31 de outubro de 2011). "Kingston Ont Hydro". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2016.
- ↑ Goberno do Canadá, ed. (31 de outubro de 2011). "Kingston Queens U". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2016.
- ↑ Goberno do Canadá, ed. (31 de outubro de 2011). "Kingston Climate". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kingston, Ontario |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adams, Nick.Iroquois Settlement at Fort Frontenac in the Seventeenth and Early Eighteenth Centuries Arquivado 2017-09-13 en Wayback Machine. Ontario Archaeology, No. 46: 4–20. 1986.
- Armstrong, Alvin. Buckskin to Broadloom – Kingston Grows Up. Kingston Whig-Standard, 1973. No ISBN.
- Mika, Nick and Helma et al. Kingston, Historic City. Belleville: Mika Publishing Co., 1987. ISBN 0-921341-06-7.
- Mika, Nick and Helma. Kingston Heritage, Buildings, Monuments, Plaques Belleville: Mika Publishing Co., 1983, 160 páxinas.
- Osborne, Brian S. and Donald Swainson. Kingston, Building on the Past for the Future. Quarry Heritage Books, 2011. ISBN 1-55082-351-5
- Roy, James. Kingston: The King's Town. Toronto: McClelland and Stewart, 1952.
- Turner, Larry. "The Founding of Kingston, Ontario". The Loyalist Gazette, Volume XXII, No. 1. Consultado o 14 de xaneiro de 2015.
- Preston, Richard. Kingston Before the War of 1812: A Collection of Documents. Toronto: Champlain Society Publications, 1959.