Lingua hitita
Hitita 𒉈𒅆𒇷 | ||
---|---|---|
Outros nomes: | nešili | |
Falado en: | Anatolia | |
Total de falantes: | ca 1100 aC. | |
Familia: | Indoeuropea Linguas anatólicas Hitita | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | hit | |
ISO 639-3: | hit
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua hitita é a principal lingua anatolia falada polo pobo hitita. Normalmente relaciónase coa familia das linguas indoeuropeas, aínda que algúns lingüistas que non tería derivado do protoindoeuropeo, senón que as dúas familias, anatolia e indoeuropea, terían diverxido dun devanceiro común, chamado por veces indohitita.
Historia e denominación
[editar | editar a fonte]Bautizada con este nome antes do seu desciframento sobre 1915 por Friedrich Hrozný, o seu nome causa problemas, pois o pobo hitita utilizaba varias linguas. A súa lingua, que indicaban nos seus textos mediante a palabra nesili, designaba o que hoxe en día chamamos a lingua hitita. Tratábase da lingua falada na rexión da capital orixinaria do reino, Nesa, tamén chamada Kanesh. Sería, xa que logo, máis pertinente chamala nesita. Para evitar calquera confusión, fálase ás veces de hitita-nesita.
Nos textos hititas, con todo, aparecían onda o hitita outras dúas linguas, cada unha precedida por unha palabra alusiva á lingua que seguía:
- luwili, que designaba textos escritos noutra lingua anatolia: o luvita. En particular, a case totalidade dos textos en xeroglíficos hititas están en luvita;
- hattili, que designaba textos escritos nunha lingua non indoeuropea, o hatti e que se corresponde coa lingua falada antes da invasión indoeuropea de Anatolia.
O termo de hitita debería terse aplicado á lingua hatti, pero como a elección do nome da lingua tivo lugar antes do desciframento, aplícase ao nesita.
O hitita era a principal lingua anatolia, substituíu a lingua hatti, de tipo aglutinante, que se empregaba con anterioridade. A lingua hatti é un substrato lingüístico da lingua hitita, os préstamos léxicos foron particularmente importantes no eido cultural e, sobre todo, relixioso.