Saltar ao contido

Live at the Garden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Live at the Garden
Vídeo de Pearl Jam
Edición11 de novembro do 2003
Gravación8 de xullo do 2003
LugarMadison Square Garden, Nova York
Duración210 minutos
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Epic Records
Cronoloxía
Live at the Showbox Live at the Garden Immagine in Cornice

Live at the Garden é o cuarto DVD editado pola banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, gravado o 8 de xullo do 2003 no Madison Square Garden en Nova York. Foi publicado o 11 de novembro do 2003 a través do selo Epic Records.

O DVD documenta a Pearl Jam na súa xita do 2003 Riot Act Tour. O concerto tamén estivo dispoñible como bootleg oficial en son, co título 7/8/03 - New York, New York. O vídeo inclúe varias cancións extra, incluídas catro montaxes, ademais da función "Matt Cam" (que xa se estreara nun dos DVDs anteriores, Touring Band 2000), coa cal pódense ver as cancións escollidas dende a cámara que se centra no batería Matt Cameron. Live at the Garden foi certificado tres veces platino pola RIAA.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Love Boat Captain"
  2. "Last Exit"
  3. "Save You"
  4. "Green Disease"
  5. "In My Tree"
  6. "Cropduster"
  7. "Even Flow"
  8. "Gimme Some Truth"
  9. "I Am Mine"
  10. "Low Light"
  11. "Faithfull"
  12. "Wishlist"/"Why Can't I Touch It?"
  13. "Lukin"
  14. "Grievance"
  15. "1/2 Full"
  16. "Black"
  17. "Spin the Black Circle"
  18. "Rearviewmirror"
  1. "You Are"
  2. "Thumbing My Way"
  3. "Daughter" (con Ben Harper)
  4. "Crown of Thorns"
  5. "Breath"
  6. "Better Man"
  7. "Do the Evolution"
  8. "Crazy Mary"
  9. "Indifference" (con Ben Harper)
  10. "Sonic Reducer" (con Tony Barber de Buzzcocks)
  11. "Baba O'Riley" (con Steve Diggle de Buzzcocks)
  12. "Yellow Ledbetter"

Cancións extra

[editar | editar a fonte]
  • "Throw Your Arms Around Me" (23/2/03 - no Burswood Dome de Perth, Australia, con Mark Seymour de Hunters and Collectors)
  • "Dead Man" (14/7/03, no PNC Bank Arts Center de Holmdel, New Jersey, actuación en solitario de Eddie Vedder)
  • "Bu$hleaguer" (mestura de varias datas)
  • "Fortunate Son" (mestura de varias datas, con Johnny Marr, Betchadupa, Cheetah Chrome, Sleater-Kinney, Corin Tucker, Mike Tyler, Steve Earle, Jack Irons, Ben Harper, Billy Gibbons, Ann e Nancy Wilson de Heart, Idlewild, e Buzzcocks)
  • "Down" (versión de estudio, con montaxe de momentos previos a unha actuación da banda)
  • "All Those Yesterdays" (son gravado o 11/7/03 no Tweeter Center Boston de Mansfield, Massachusetts, con montaxe do persoal da banda)

Ovo de Pascua

[editar | editar a fonte]
  • O DVD contén un ovo de pascua virtual na forma do tema "Hunger Strike" gravado o 19/7/03 no Palacio dos Deportes da Cidade de México, interpretado por Corin Tucker de Sleater-Kinney.