Saltar ao contido

Luigi Taveri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuigi Taveri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Horgen (Suíza) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSamstagern (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo, emprendedor Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo de velocidade Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: luigi.taveri Editar o valor en Wikidata


Luigi Taveri, nado en Horgen o 19 de setembro de 1929 e finado o 1 de marzo de 2018 nun hospital do cantón de Zúric, foi un motociclista suízo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou no mundo do motociclismo profesional en 1953 en 350cc pilotando unha AJS. En 1962 venceu o mundial de 125cc cunha Honda. Tamén conquistou seis grandes premios: Francia, Irlanda, Bélxica, Ulster, Alemaña Oriental e Holanda totalizando 48 puntos na clasificación xeral. En 1964 conseguiu o seu segundo mundial, tamén en 125cc, cun total de 46 puntos. En 1966 con cinco vitorias conseguiu o segundo posto. Ó remate desa temporada retirouse da alta competición.