Saltar ao contido

Lunar Orbiter 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lunar Orbiter 1
Un modelo dunha nave Lunar Orbiter
TipoOrbitador lunar
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento10 de agosto de 1966, 19:26 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAtlas SLV-3 Agena D[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][4][5]
Obxectivo da misiónFotografía da superficie lunar.[2][4][5]
Decaemento29 de outubro de 1966[1]
NSSDC ID1966-073A
Masa385,6 kg[2]
Potencia375 W[2]

Lunar Orbiter 1 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 10 de agosto de 1966 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][4][5][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Lunar Orbiter 1 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar a maior parte da superficie lunar cunha resolución de ata 1 metro de cara a facilitar o camiño para as alunizaxes do proxecto Apollo. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos.[1][2][4][5][3]

Lunar Orbiter 1 foi posta nunha órbita de aparcamento terrestre o 10 de agosto de 1966 para ser inxectada nunha órbita de transferencia cisluar pouco despois. Durante a súa viaxe á Lúa experimentou a perda temporal do sensor estelar que apuntaba a Canopus e problemas de quecemento. A sonda foi inxectada nunha órbita elíptica case ecuatorial cun período de 3 horas e 37 minutos ás 92,1 horas despois do lanzamento. O periapse inicial era de 189,1 km (baixado ata os 40,5 km o 25 de agosto) e o apoapse inicial era de 1866,8 km.[1][2][4][5][3]

A nave tomou 42 imaxes de alta resolución e 187 de media resolución, cubrindo 5 millóns de km2 de superficie lunar e obtendo as dúas primeiras fotografías da Terra desde a distancia da Lúa. Tamén recolleu datos sobre a radiación, non detectando ningún impacto de micrometeoritos. Tras cumprir a súa misión a nave foi estrelada contra a superficie da Lúa o 29 de outubro de 1966, tras 577 órbitas.[1][2][4][5][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "LUNAR ORBITER 1" (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2023. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (28 de outubro de 2022). "Lunar Orbiter 1" (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Letter dated 30 September 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (66-24769). 11 de outubro de 1966: 2. Consultado o 30 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Lunar Orbiter 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "Lunar Orbiter" (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]