Manscape
Manscape | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Wire | ||||
Publicado | 15 de maio de 1990 | |||
Estudio(s) | RAK Studios, Londres Worldwide Studios, Londres | |||
Duración | 63:26 | |||
Xénero(s) | dance alternativo, post-punk | |||
Selo(s) | Mute Records, Restless Records | |||
Producido por | David M. Allen | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Manscape é o sétimo álbum de estudio da banda inglesa de rock Wire, publicado o 15 de maio de 1990 a través do selo Mute Records. Foi producido por David M. Allen, e gravado e mesturado principalmente nos RAK Studios por Roy Spong.
En Manscape Wire explorou a música electrónica con máis profundidade que en anteriores traballos. Os baixos e as baterías foron principalmente secuenciados, e nunha xira polo Reino Unido e Europa a banda xirou sen o batería Robert Gotobed.[1] O disco está formado principalmente por material novo, xunto con algunhas cancións vellas reelaboradas para incluírlle instrumentación electrónica.
"The Morning Bell" trata sobre o sistema educativo público británico, mentres que "Small Black Reptile" fala sobre o sistema político. A peza central do álbum, "You Hung Your Lights in the Trees/A Craftsman's Touch", dura algo máis de dez minutos.[2]
A edición orixinal en vinilo ten unha orde de cancións significativamente distinta e omite os temas "Life in the Manscape", "Stampede" e "Children of Groceries".
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Wire (Bruce Gilbert, Robert Gotobed, Graham Lewis e Colin Newman) agás onde se indique.
N.º | Título | Escritor(es) | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Life in the Manscape" | 3:28 | |
2. | "Stampede" | 4:35 | |
3. | "Patterns of Behaviour" | 4:33 | |
4. | "Other Moments" | 3:50 | |
5. | "Small Black Reptile" | 3:14 | |
6. | "Torch It!" | 7:31 | |
7. | "Morning Bell" | 4:22 | |
8. | "Where's the Deputation?" | 3:51 | |
9. | "What Do You See?" | Elvander, Gilbert, Gotobed, Lewis, Newman | 6:47 |
10. | "Goodbye Ploy" | 3:50 | |
11. | "Sixth Sense" | 4:19 | |
12. | "Children of Groceries" | 3:03 | |
13. | "You Hung Your Lights in the Trees/A Craftsman's Touch" | 10:03 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "TrouserPress.com :: Wire". www.trouserpress.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 2020-01-26.
- ↑ "Manscape". EW.com (en inglés). Consultado o 2020-01-26.