Manteiga
Valor nutricional por 1 US Tbsp (14.2g) | |
---|---|
Enerxía | 101,8 kcal (426 kJ) |
0.01 g | |
Azucres | 0.01 g |
11.52 g | |
Saturadas | 7.294 g |
Trans | 0.465 g |
Monoinsaturadas | 2.985 g |
Poliinsaturadas | 0.432 g |
0.12 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 12% 97.1 μg |
Vitamina A | 355 IU |
Vitamina B12 | 1% 0.024 μg |
Vitamina E | 2% 0.33 mg |
Vitamina K | 1% 0.99 μg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Colesterol | 30.5 mg |
USDA 01145, manteiga sen sal. A porcentaxe de graxa pode variar. | |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
A manteiga é a emulsión de auga en graxa obtida como resultado do desoro, lavado e amasado dos conglomerados de glóbulos graxos que se forman polo batido da crema de leite e apta para consumo, con ou sen maduración biolóxica producida por bacterias específicas.
É un alimento moi graxo, rico en graxas saturadas, colesterol e calorías, polo que é recomendable para deportistas ou persoas que requiran un importante consumo enerxético. Ademais non é un alimento que estea rifado cunha dieta sa e equilibrada e é moi doada de dixerir a pesar do seu contido graxo.
Tipos
[editar | editar a fonte]Existen varios tipos de manteiga, pero pódense distinguir basicamente dous:
- Manteiga ácida: antes da acidificación da crema
- Manteiga doce: trala acidificación da crema (esta é a tradicional).
Ademais pódeselle engadir sal ou non, obtendo mantiga salgada ou doce segundo o caso (a salgada consérvase mellor). E, por suposto, pódese elaborar a partir do leite de moitos animais, sendo os máis correntes en occidente a manteiga de ovella, vaca ou cabra (como curiosidade, non é posible obter manteiga do leite de camela).
Non é complicado elaborar manteiga caseira, pero si moi laborioso. Unha vez separada a crema do leite pódese proceder a batela cunha culler ou espátula de madeira de arriba a abaixo, aínda que tamén se pode usar unha batedora. O aspecto final adoita darse cun molde de manteiga que lle dá un aspecto máis atractivo de cara ós consumidores.