Saltar ao contido

Mar de Groenlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar de Groenlandia
(en) Greenland Sea Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomar Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaGroenlandia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 76°40′08″N 8°10′14″O / 76.6689, -8.1706
Composto por
21
Características
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade4.800 m
5.600 m Editar o valor en Wikidata
Superficie1.205.000 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6221479

O mar de Groenlandia é a parte máis setentrional do océano Atlántico Norte, inmediatamente ao sur do océano Ártico. Está localizado entre a costa oriental de Groenlandia, as illas Svalbard, a illa de Jan Mayen e Islandia. O mar de Groenlandia defínese a miúdo como parte do océano Ártico,[1][2] e ás veces como parte do océano Atlántico.[3] Comprende aproximadamente 1 205 000 km² e a súa profundidade media é duns 1.450 m. O punto máis profundo, 5.600 m,[4] foi atopado na fosa Molloy («Molloy Deep»), no estreito de Fram, entre o nordés de Groenlandia e as Svalbard.[5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O mar de Groenlandia está limitado ao oeste pola illa de Groenlandia, e ao sur polo estreito de Dinamarca e Islandia; ao sueste, detrás da illa Jan Mayen, atópase a vasta extensión do mar de Noruega, do que ás veces o mar de Groenlandia se considera unha extensión. A través do estreito de Fram, ao nordeste, o mar está delimitado polo arquipélago das illas Svalbard.

Correntes oceánicas

[editar | editar a fonte]

Este brazo do océano Glacial Ártico é o principal conduto das súas augas cara ao océano Atlántico.[5] As progresivamente frías augas da Corrente do Atlántico Norte («North Atlantic Current») afúndense no océano Ártico, retornando ao sur en forma de Corrente Groenlandia Este («East Greenland Current»), unha parte importante da cinta transportadora do Atlántico. Debido á deriva de xeo do Ártico, pártea norte do mar de Groenlandia de cando en cando está aberta á navegación.

Biodiversidade

[editar | editar a fonte]

As principais especies que habitan este mar atópanse na base da cadea alimentaria. Existen grandes invertebrados, peixes, aves e mamíferos (incluídos focas, baleas e delfíns, que se alimentan de invertebrados e pequenos organismos.

  1. Encyclopædia Britannica on-line (ed.). "Greenland Sea" (en inglés). 
  2. Greenland Sea, MarBEF Data System – European Marine Gazetteer (en inglés)
  3. Reddy, M. P. M. (2001). Taylor & Francis, ed. Descriptive Physical Oceanography. p. 8. ISBN 978-90-5410-706-4. Consultado o 17 de abril do 2016. 
  4. Soltwedel, T., Miljutina, M., Mokievsky, V., Thistle, D., Vopel, K.(2003). The meiobenthos of the Molloy Deep (5600 m), Fram Strait, Arctic Ocean, Vie et milieu-life and environment, 53(1), 1-13. Dispoñible en: [1] Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
  5. 5,0 5,1 "NASA". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2009. Consultado o 17 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.