Marc Gasol
Marc Gasol Sáez, nado en Barcelona o 29 de xaneiro de 1985, é un xogador catalán de baloncesto profesional que xoga no Bàsquet Girona da Liga ACB. Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2007, na 48ª posición, polos Los Angeles Lakers. É o segundo español en vencer o título da NBA tras o seu irmán máis vello Pau Gasol.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Tras a súa graduación en Laussane, Gasol volveu a España para xogar na Liga ACB. Xogou no FC Barcelona antes de fichar polo Akasvayu Girona, onde xogou dúas tempadas e foi nomeado MVP da liga en 2008.
Gasol foi elixido na 48ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Los Angeles Lakers. O 1 de febreiro de 2008, os seus dereitos foron traspasados aos Memphis Grizzlies, como parte do traspaso do seu irmán máis vello, Pau, aos Lakers. O 23 de xuño de 2008, asinou o seu contrato cos Grizzlies.[1] Ao remate da tempada 2010-11 será un axente libre non restrinxido.
Gasol comezou a súa tempada coma rookie con éxito, anotando 10 ou máis puntos en 10 partidos seguidos, con 49 de 84 tiros, en outubro de 2008.[2]
Gasol conseguiu bater a marca da franquía dun rookie con maior porcentaxe de tiros campo ao remate da tempada, cun 53%. A marca anterior a tiña o seu irmán Pau, cun 51.8% de tiros de campo na súa tempada coma rookie.[3]
Na tempada 2011-12, foi elixido por primeira vez para disputar o All-Star Game da NBA.[4]
O 7 de febreiro de 2019, Gasol foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de C. J. Miles, Jonas Valančiūnas, Delon Wright e unha elección da segunda rolda do Draft.[5] Ese mesmo ano conseguiu ser o terceiro español en disputar unha final da NBA tras o seu irmán máis vello, Pau Gasol, e José Manuel Calderón; e o segundo en gañar o título.
O 24 de novembro de 2020, Gasol asinou cos Los Angeles Lakers.[6]
Selección española
[editar | editar a fonte]Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Baloncesto | |||
España | |||
Xogos Olímpicos | |||
Pequín 2008 | España | ||
Londres 2012 | España | ||
Campionato do Mundo da FIBA | |||
Xapón 2006 | España | ||
China 2019 | España | ||
EuroBasket | |||
España 2007 | España | ||
Polonia 2009 | España | ||
Lituania 2011 | España | ||
Eslovenia 2013 | España |
Gasol foi parte da selección española de baloncesto que gañou a medalla de ouro do Campionato do Mundo da FIBA no ano 2006, sendo a súa primeira experiencia coa selección absoluta nun torneo oficial. Tamén foi parte da selección española en catro europeos consecutivos gañando catro medallas: medalla de prata no Eurobasket 2007 en España, a medalla de ouro no Eurobasket 2009 en Polonia e en Lituania 2011, e por último en Eslovenia 2013 un bronce ademais de ser incluído no quinteto ideal do torneo. Por outra banda, participou en dous Xogos Olímpicos: Pequín 2008 e Londres 2012, no que conseguiu a prata contra os Estados Unidos en ambos. A súa última participación co combinado nacional foi no Mundial da China do 2019 conseguindo un ouro mundial contra a Arxentina, sendo incluído xunto Ricky Rubio no quintento ideal.
É un dos seis xogadores que gañou un torneo mundial (Mundial ou Olimpiadas) máis o campionato da NBA nun mesmo ano.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Campión da Liga ACB: 2004
- Campión da Supercopa de España de Baloncesto: 2004
- Campión da EuroChallenge: 2007
- Campión da Copa de Catalunya de baloncesto: 2007
- MVP da Liga ACB: 2008
- Membro do 2º Equipo de Rookies da NBA: 2008-09
- Xogador Defensivo do Ano da NBA: 2012-13
- Membro do Segundo Equipo All-NBA: 2012-13
Selección española
[editar | editar a fonte]- Campionato do Mundo da FIBA 2006: Medalla de ouro
- Eurobasket 2007 (España): Medalla de prata
- Xogos Olímpicos de 2008 (Pequín): Medalla de prata
- EuroBasket 2009 (Polonia): Medalla de ouro
- EuroBasket 2011 (Lituania): Medalla de ouro
- Eurobasket 2013 (Eslovenia): Medalla bronce
- Eurobasket 2017 (Romanía, Finlandia, Turquía): Medalla bronce
- Campionato do Mundo da FIBA 2019: Medalla de ouro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grizzlies sign Gasol.". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 04 de xuño de 2011.
- ↑ Marc Gasol Game Log - 2008-09.
- ↑ ESPN.com recap.
- ↑ "2012 All-Star Player Profiles: Marc Gasol". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2012.
- ↑ "Raptors Acquire Gasol From Grizzlies". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ Lakers sign Marc Gasol
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marc Gasol |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 05 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Euroleague.net
- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Nados en 1985
- Nados en Barcelona
- Xogadores de baloncesto de Cataluña
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores do CB Girona
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores do Bàsquet Girona
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Premios Princesa de Asturias dos Deportes
- Xogadores da selección de baloncesto de España
- Xogadores de baloncesto olímpicos de España
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020