Max Mosley
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Max Rufus Mosley 13 de abril de 1940 Londres, Reino Unido |
Morte | 23 de maio de 2021 (81 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
Educación | Christ Church College |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, director de equipo, político, Barrister |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Cónxuxe | Jean Marjorie Taylor (1960–) |
Fillos | Alexander James Mosley, Patrick Max Mosley |
Pais | Oswald Mosley e Diana Mosley |
Irmáns | Jonathan Guinness Nicholas Mosley Oswald Alexander Mosley |
Parentes | Nancy Mitford, tía Unity Mitford, tía Jessica Mitford, tía Deborah Cavendish, Duquesa de Devonshire, tía Andrew Cavendish, tío Peregrine Cavendish, curmán entregue David Freeman-Mitford, avó |
Premios | |
Descrito pola fonte | Lentapedia (full versions) (en) Lentapedia |
Max Rufus Mosley, nado en 1940 en Londres, foi o presidente da Federación Internacional de Automobilismo, cargo no que estivo catro mandatos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o segundo fillo do líder da Unión Británica de Fascistas, sir Oswald Mosley e de Diana Mitford. É graduado en Física pola Oxford Christ Church desde 1961. Durante o seu tempo en Oxford foi secretario da Oxford Union. Estudou dereito en Gray's Inn en Londres e doutorouse como avogado en 1964. Correu en clubs do Reino Unido durante 1966 e 1967 seguido da Fórmula Dous para o London Racing Team e para o equipo de Frank Williams no 1968. Retirouse no 1969 e converteuse nun dos fundadores da produtora de monoprazas March. Conseguiu un certo éxito na Fórmula Un, ao quedar March terceiro no campionato de construtores dos anos 1970 e 1971 e co subcampionato de Ronnie Peterson tamén en 1971. Así mesmo, adquiriu un gran prestixio na venda de chasis e coches de Fórmula Dous.
A principios dos 70 integrouse na FOCA (Formula One Constructors Association), unha asociación de equipos para defender os dereitos das escudar��as e manter un control común do deporte. A finais do 1977 Mosley abandonou oficialmente a FOCA e converteuse en asesor da mesma. Máis tarde foi electo como presidente da FISA (Fédération Internationale du Sport Automobile, un comité da FIA. Unha posterior reestruturación da FIA obrigouno a dimitir do seu cargo na FISA e foi elixido como presidente da FIA.
Por aquel tempo Bernie Ecclestone era el presidente da FOCA e Jean Marie Balestre érao da FISA. Ambos tiveron diferenzas sobre a regulamentación e o debate económico, loitando así polo control do deporte. Mosley axudou a resolver o conflito asinando o Pacto da Concordia, dando a FISA o control da regulamentación e a FOCA o control dos dereitos televisivos e a promoción.
Pouco tempo despois, Mosley desapareceu por completo da Fórmula 1 durante 3 anos, pero volveu en 1986 para ser presidente da Comisión de Construtores da FISA e establecer a comisión de admisión do equipo Simtek Research. Vendeu a súa parte de Simtek en 1991 cando foi elixido presidente da FIA, gañando a Jean Marie Balestre por 43 votos a 29. Dimitiu anos máis tarde, declarando que podería ser elixido máis polos seus méritos que polos erros do seu antecesor; a FIA inmediatamente reelixiunos por catro anos máis. Foi elixido por outro período en outubro de 1997, un terceiro en 2001 e un cuarto en 2005.
Os afeccionados criticaron a Mosley por moitos dos seus cambios de regras e cargaron contra el por situacións como as ocorridas no Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, no cal só 6 monoprazas saíron á pista. Os partidarios de Mosley sosteñen que todos os cambios de regulamento tiveron o apoio dos equipos que forman o Pacto da Concordia. En relación con Indianápolis, Mosley declarou que a FIA non tiña outra saída que lanzar a carreira con seis coches porque os equipos Michelin non buscarían ningunha solución alternativa, salvo unha chicane que non foi aprobada. Isto puxo a todo o mundo nun grave problema ante a lei en caso de accidente.
En xuño de 2004 Mosley anunciou que deixaría o seu cargo en outubro dese ano. De todos os modos, en xullo do mesmo ano arrepentiuse da súa decisión despois de que o Senado da FIA lle pedira que seguira. O seu actual mandato conclúe en outubro de 2009, aínda que algúns rumores apuntan a que abandonará o cargo antes do fin do mesmo.
Mosley e Bernie Ecclestone teñen aínda o control total sobre a Fórmula 1; entre outros eventos, a FIA actualmente regula o Campionato do Mundo de Fórmula 1, o Campionato do Mundo de Rallyes (WRC) e o Campionato GT.
Mosley estivo un tempo interesado en ser membro do Partido Conservador británico e membro do parlamento, ao igual que o seu pai, aínda cambiou a súa ideoloxía a do Partido Laborista ao coñecer ao seu líder, John Smith, en 1994.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Max Mosley |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Max Mosley interview on HARDtalk, nada BBC o 31 de outubro de 2007. (en inglés)