Monoceros
Monoceros | |
---|---|
Nome latino | Monoceros |
Abreviatura | Mon |
Xenitivo | Monocerotis |
Simboloxía | O Unicornio |
Ascensión recta | 7.15 h |
Declinación | −5.74° |
Área | 482 graos cadrados
Rango 35º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Monocerotis
(magnitude ap. 3,93) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +75° e −85°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de febreiro | |
Monoceros ou Unicornio[1] é unha constelación difusa no ceo nocturno invernal, rodeada por Orión ó leste, Gemini ó norte, Canis Major ó sur e a constelación Hydra cara ó oeste. Outras constelacións limítrofes son Canis Minor, Lepus e Puppis.
Estrelas Principais
[editar | editar a fonte]- α Monocerotis (Lucida), de magnitude visual 3,93, unha estrela xigante amarelo-laranxa a 144 anos luz.
- β Monocerotis, impresionante sistema estelar triplo formado por tres estrelas branco-azuladas de magnitudes 4,7, 5,2 e 6,1, visibles coa axuda dun pequeno telescopio. William Herschel descubriunas no 1781 e comentou que son "unha das máis fermosas visións no firmamento".[2]
- γ Monocerotis, de magnitude 3,98, tamén xigante laranxa, pero moito máis afastada que α Monocerotis.
- R Monocerotis, estrela variable inmersa nunha nube de materia, situada no extremo sur da nebulosa NGC 2261.
- S Monocerotis (15 Monocerotis), distante estrela azul que forma parte de NGC 2264.
- T Monocerotis, variable cefeida cunha magnitude que varía entre 5,58 e 6,62 nun ciclo de 27 días.
- V0645 Monocerotis (28 Monocerotis), variable do tipo FK Comae Berenices.
- V700 Monocerotis (MWC 147), estrela Herbig Ae/Be de 500.000 anos de idade.
- V838 Monocerotis, estrela que estourou no ano 2002, situada a uns 20.000 anos luz de distancia.
- Estrela de Plaskett (HR 2422), un dos sistemas binarios máis masivos dos que se ten coñecemento.
- HD 52265, anana amarela análoga ó Sol ó redor da que se descubriu un xigante gasoso.
- HD 46735, estrela subxigante laranxa cun planeta extrasolar do tipo Xúpiter quente.
- Estrela de Luyten, anana vermella a só 12,37 anos luz de distancia.
- Ross 614 (V577 Monocerotis), anana vermella tamén nas proximidades do sistema solar.
- Gliese 250, estrela binaria a 28,4 anos luz, composta por unha anana laranxa e unha anana vermella.
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- Cúmulo aberto M50, a uns 3000 anos luz.
- Nebulosa Rosette (NGC 2237-9,46), unha nebulosa difusa, xunto ó cúmulo aberto NGC 2244, ás súas estrelas formáronse a partir do material da nebulosa.
- Cúmulo Árbore de Nadal e Nebulosa Cono (NGC 2264), ambos obxectos están asociados e atópanse a uns 2600 anos luz.
- NGC 2346, nebulosa planetaria en forma de bolboreta.
Historia
[editar | editar a fonte]Monoceros é unha constelación moderna, o seu nome atribúeselle ó astrónomo e teólogo holandés Petrus Plancius no 1613 e foi rexistrada por Jakob Bartsch coma Unicornio na súa carta estelar de 1624. Porén, Heinrich Wilhelm Olbers e Ludwig Ideler indican que a constelación é moito máis antiga, figurando coma "o segundo cabalo ó sur dos Xemelgos e o Cangrexo" en escritos do 1564, e Joseph Scaliger subliña tela atopado nunha esfera da antiga Persia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
- ↑ Monoceros. The internet Encyclopedia of Science
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monoceros |