Nicolas-Louis de Lacaille
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1713 Rumigny, Francia |
Morte | 21 de marzo de 1762 (49 anos) París, Francia |
Diácono Arquidiocese de Reims (pt) | |
1732 – | |
Datos persoais | |
Residencia | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Collège de Lisieux (en) Collège de Navarre (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, escritor, matemático, mestre |
Empregador | Observatório de Paris (pt) Universidade de París |
Membro de | |
Profesores | Jacques Cassini (pt) |
Alumnos | Antoine Lavoisier, François Laurent Lamandé (pt) e Bernardin de Saint-Pierre (pt) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Abbe Nicolas Louis de Lacaille, nado o 15 de marzo de 1713 en Rumigny e finado o 21 de marzo de 1762 en París, foi un astrónomo francés coñecido principalmente por dedicarse a catalogar estrelas (preto de 10.000) e posúe a honra de ter nomeado 15 constelacións dun total de 88. Calculou e tabulou unha lista de eclipses para 1.800 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lacaille estudou teoloxía, matemáticas e astronomía no College de Lisieux de París. No ano 1739 foi axudante de Cassini no establecemento a Meridiana de París e en 1741 foi elixido membro da Academia de París. Durante os anos 1750-1754 dedicouse a estudar as estrelas e constelacións do hemisferio austral grazas ás viaxes que facía ao cabo de Boa Esperanza, a parte máis austral do continente africano. Tras este estudo publicou Coelum Australe Stelliferum a súa obra máis afamada.