O Silmarillion
O Silmarillion | |
---|---|
Título orixinal | The Simarillion |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | lingua inglesa |
Tema(s) | O legendarium de Tolkien |
Xénero(s) | Relato, subxénero Fantasía heroica |
Data de pub. | 15 de setembro de 1977[1] |
ISBN | ISBN |
Editor | Christopher Tolkien |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Silmarillion é o título dunha recompilación de varias das obras de fantasía escritas polo coñecido J. R. R. Tolkien e publicada en 1977 polo seu fillo tras a súa morte.
Datos
[editar | editar a fonte]O Silmarillion narra as orixes de Arda (o mundo do universo de Tolkien) a través do relato das Crónicas da Primeira Idade ou Días Antigos. A esta antiga historia, na que participaron Elrond e Galadriel, entre outros, fan referencia os personaxes d'O Señor dos Aneis
O Silmarillion abarca un período cronolóxico moi extenso, dende a creación do mundo grazas á Música dos Ainur, ata o tránsito dos Portadores dos Aneis nos portos de Mithlond, á fin da Terceira Idade.
Obras curtas
[editar | editar a fonte]Esta obra inmensa comprende non só o Quenta Silmarillion ou Silmarillion propiamente dito, senón tamén outras catro obras máis curtas:
- O Ainulindalë, que narra a creación do mundo a través da Música dos Ainur.
- O Valaquenta ou historia dos Maiar e dos Valar, segundo o saber dos Eldar (Elfos).
- O Akallabêth, que narra a caída de Númenor.
- E, finalmente, Dos Aneis do Poder e a Terceira Idade, que, a modo de epílogo, nos conta a fin da Terceira Idade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rayner Unwin (1978), en Amon Hen, boletin de The Tolkien Society, no. 32 p. 13.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |