Pamela Anderson
Pamela "Pam" Denise Anderson, nada en Ladysmith (Columbia Británica), en 1967, é unha actriz e modelo canadense-estadounidense. É coñecida por interpretar a salvavidas C. J. Parker na serie de televisión Baywatch, na que tivo un papel entre os anos 1992 e 1997. Así mesmo participou en películas, comerciais, comedias de situación e programas de telerrealidade. Ao longo da súa carreira pousou en varias ocasións para a revista Playboy.
Infancia e inicios da súa carreira
[editar | editar a fonte]Anderson naceu en Ladysmith (Columbia Británica), unha poboación a 90 km ao noroeste de Victoria, Columbia Británica, filla de Carol, unha camareira, e de Barry Anderson, reparador de fornos.[1] O seu bisavó, Juho Hyytiäinen, era finlandés nativo de Saarijärvi, e foise de Finlandia en 1908,[2] cambiando o seu nome a Anderson cando chegou como inmigrante. Anderson ten devanceiros holandeses por parte da súa nai.[3]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Pamela Anderson Biography (1967-)
- ↑ "Pamwatch: News". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 24 de abril de 2012.
- ↑ "Pamela Anderson: Master of illusion? - TODAY: People - MSNBC.com". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2009. Consultado o 24 de abril de 2012.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pamela Anderson |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |