Saltar ao contido

Papuxa cabecinegra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa cabecinegra

Exemplar macho adulto

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: S. melanocephala
Nome binomial
'Sylvia melanocephala'
(Gmelin, 1789)

A papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala) é unha ave da familia Sylviidae

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

A papuxa cabecinegra ten unha lonxitude duns 14 cm e pesa uns 20 gramos. O corpo enteiro é de tons marróns, sendo máis intensos nas ás e lombo. Salienta a cabeza completamente negra e a carúncula ocular vermella. Habita en bosques mixtos e de coníferas (especialmente piñeiros), xardíns e parques. Aliméntase de insectos, arañas e bagas de sabugueiro.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Cuculus canorus canorus + Sylvia melanocephala

A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 6 ovos. O tempo de incubación oscila entre os 12-13 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)