Paseo da Alameda de Santiago de Compostela
Tipo | paseo | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Alameda de Santiago de Compostela | |||
Localización | ||||
División administrativa | Santiago de Compostela, España | |||
Localización | Alameda de Santiago de Compostela | |||
| ||||
O Paseo da Alameda de Santiago de Compostela, coñecido polos composteláns simplemente como Paseo da Alameda, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda a Carballeira de Santa Susana e o Paseo da Ferradura (ou Paseo dos Leóns).
Historia
[editar | editar a fonte]A súa orixe remóntase a mediados do século XVI, cando, en 1546, o compostelán Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, V Conde de Altamira, doou unhas terras agrícolas para uso e goce dos santiagueses.
Características
[editar | editar a fonte]O paso do tempo foi deixando pegadas na súa ordenación espacial, como se pode apreciar na disposición de terrados (parterres), fontes e estanques, así como nas súas edificacións decimonónicas, modernistas e actuais (igrexa do Pilar, pavillón de Recreo Artístico e Industrial, único edificio que queda da Exposición Rexional Galega de 1909, quiosco da música, e na abundancia e formas das súas estatuas e esculturas, e tamén no seu mobiliario, especialmente os bancos graníticos con artístico respaldo de fundición da famosa fábrica de Sargadelos, que contaba co primeiro alto forno de España, creada por Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos.[1]
Foi cualificado de xardín pacego polo seu papel de área de lecer para os habitantes da cidade (e dos seus visitantes), da mesma forma que son espazos de pracer e goce os xardíns de moitos pazos galegos. O conxunto é rico en monumentos históricos e diversos elementos de interese artístico, e nos seus xardíns celébranse numerosas festas locais e actos culturais e populares. Ao longo do tempo, a alameda arrequeceuse cunha flora ornamental singular, cun total de noventa especies, con máis de mil cincocentos espécimes arbóreos e arbustivos, algúns deles notábeis pola súa idade ou polo seu porte.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Parque de la Alameda en Turismo de Santiago (en castelán).
- ↑ A Alameda de Santiago de Compostela Arquivado 20 de maio de 2018 en Wayback Machine. en parquealamedasantiago.com (en galego), (en castelán), (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|