Saltar ao contido

Peter Sagan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Sagan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Žilina, Eslovaquia Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiclismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
DeporteCiclismo de montaña
Ciclocross
ciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPuncheur (en) Traducir e Sprinter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2009-2009 Dukla Banská Bystrica
2010-2014 Liquigás
2015-2016 Tinkoff-Saxo
2017-2021 Bora-Argon 18
2022-2023 Direct Énergie
2024-2024 Pierre Baguette Cycling
Participou en
1 de xullo de 2023Tour de France de 2023 (pt) Traducir (127º)../... 25+ Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeKatarina Sagan (2015–2018) Editar o valor en Wikidata
IrmánsJuraj Sagan Editar o valor en Wikidata
Condenado pordriving under the influence of alcohol (en) Traducir (2023) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webpetersagan.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: PeterSagan Twitter: petosagan Instagram: petosagan Youtube: UCKkL0iyYrHXA6MNOoRPGZdQ Editar o valor en Wikidata

Peter Sagan, nado en Žilina o 26 de xaneiro de 1990, é un ciclista eslovaco. Fíxose profesional en 2009, e en pouco tempo gañou sona como especialista en clásicas e finais en sprint, tamén ten boas calidades como corredor de contra o reloxo, sendo quen de bater a Fabian Cancellara no prólogo da Volta a Suíza 2011. Caracterízase por ser un corredor atrevido e con moito equilibrio enriba da bicicleta, ademais de rodar de maneira moi espectacular.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como moitos mozos comezou destacando no ciclocross e no mountain bike en categorías inferiores. En 2008 adxudicouse o Campionato do Mundo e de Europa de Ciclismo de Montaña, e un ano antes foi terceiro en ámbolos dous campionatos, ademais doutros resultados e vitorias destacadas en categoría júnior. No ano 2009, sendo aínda júnior, foi fichado polo equipo Continental Dukla Trencin Merida.

Ciclismo profesional

[editar | editar a fonte]

No seu primeiro ano como ciclista profesional, gaña o Gran Premio Kooperativa e 2 etapas do Mazovia Tour.

No 2010 uniuse ao equipo do ProTour Liquigas. A súa primeira carreira con este equipo foi o Tour Down Under, durante o cal escapou nun grupo xunto a Cadel Evans, Alejandro Valverde e Luis León Sánchez na etapa raíña.[1] Na París-Niza acadou 2 vitorias, batendo corredores como Valverde e Joaquim Rodríguez. No Tour de California gañou no Big Bear Lake unha etapa de 4 500 metros de desnivel.

En 2011 converteuse nunha das estrelas do pelotón internacional, sendo, con 15 vitorias, o segundo na clasificación de vitorias, só superado por Philippe Gilbert. Consolidouse como un gañador de regularidade en calquera carreira que corre. Na Volta a Suíza gañou unha etapa de alta montaña superando un coloso como o Grosse Scheidegg. Gañou 2 voltas por etapas, e estreouse nas grandes voltas cun triplete, sendo o que máis etapas gaña nesa edición da Volta a España. Memorable o seu descenso en Córdoba, ao plantarse na meta con tres compañeiros de equipo e só Pablo Lastras puido aguantar ese descenso vertixinoso. Unha semana despois do final da Volta venceu na súa primeira "clásica" en Prato. Á semana seguinde foi 12º no mundial de Copenhaguen.

En 2012 volveu mostrar unha notable melloría. Na Tirreno-Adriático venceu a etapa de Chieti cun quilómetro final durísimo. Nas clásicas de primavera consolidouse como un dos grandes especialistas en carreiras clásicas do momento, sendo 2º en Gante-Wevelgem, 3º en Amstel Gold Race, 4º en Milán-San Remo e 5º no Tour de Flandres.

Nese mesmo ano no Tour de California tivo unha grande actuación, vencendo en 5 das 8 etapas disputadas e quedando 2º no Big Bear Lake. No prólogo da Volta a Suíza derrotou a Fabian Cancellara, invicto nese percorrido os 4 últimos anos, o que supuxo a primeira vitoria contra o cronómetro do corredor eslovaco, que finalmente levaría 3 etapas máis e a regularidade. Varios días despois revalidaría o título de campión de ruta do seu país.

No debut no Tour de Francia tardou ben pouco en levar a súa primeira etapa: tras un prólogo peor do esperado, venceu na primeira etapa en liña, para gañar outras 2 etapas máis na primeira semana e lucir dende a etapa 2 ata a fin nos Campos Elíseos o maillot verde. Porén, dende o Tour de Francia non conseguiu ningunha outra vitoria, e no Mundial volveu fracasar por segundo ano consecutivo.

En 2013 seguiu a súa progresión. Tras un comezo discreto en San Luis, na seguinte carreira en Oman acadou 2 vitorias irresistibles. En Camaiore conseguiu a súa segunda clásica, e quedou 2º na Strade Bianche tralo seu compañeiro Moreno Moser. Na Tirreno quedou patente a súa nova melloría, sendo capaz de xuntar nunha mesma carreira unha vitoria ante os mellores sprinters do mundo e o triunfo na etapa de San Elpidio fronte á elite.

Gañou varias etapas en carreiras de pretemporada e quedou 6º na Paris-Roubaix. Gañou a clasificación de sprints no Tour de California e a clasificación por puntos e mais dúas etapas na Volta a Suíza. Non participou no Giro para poder preparar o Tour de Francia, no que acadou o maillot verde malia non gañar ningunha etapa.

Comezou o ano no Tour de San Luis, cunha participación máis ben sobria. No retorno ao calendario europeo, correu tres clásicas menores (Omloop Het Nieuwsblad Elite, Kuurne-Bruxelles-Kuurne e Strade Bianche), onde rematou 2º, 7º e 4º, respectivamente.[2][3][4]

Malia non ser tan bo inicio como o de tempadas anteriores, Sagan disputou a Tirreno-Adriático, finalizando 2º na clasificación xeral, 2º en dúas etapas e 1º na clasificación por puntos. Debido a que as vitorias non chegaban para Sagan, dicíase que a "maldición do arco da vella" caera sobre Sagan, que levaba acumulados cinco segundos postos.

Afianzando esa afirmación, Sagan volvía a quedar 2º na 3ª clásica belga (E3 Harelbeke), esta vez por detrás de Michał Kwiatkowski. Con seis segundos postos a maldición collía forza.[5]

Co obxectivo de disipar dúbidas e reivindicarse, Sagan estaba decidido a gañar a 4ª clásica belga, Gante-Wevelgem. Ao igual que na E3 Harelbeke, atacou dende o pelotón, esta vez con Fabian Cancellara e Sep Vanmarcke. Xuntos acadaron ao ruso Viacheslav Kuznetsov, quen atacara previamente. Neste hábil movemento que pretendía romper a carreira, lograron avantaxar ao pelotón, onde o Ettix-Quick Step tentaba reducir a distancia sen éxito, ata en 50 segundos. Finalmente, e como se pensaba, o eslovaco gañou o sprint con autoridade, vencendo así por segunda vez nesta carreira e rompendo a suposta maldición.

Sen a presión de estrearse, Sagan afrontaba o Tour de Flandres con forza e ilusión, para anotarse así o seu primeiro "monumento" ciclista. A falta de 50 km para meta, Kwiatkowski tomou as rendas da carreira cun ataque, levando consigo a Sagan e a Vanmarcke. Estes neutralizaron a escapada do día e chegaron ao mítico e durísimo "muro" de Paterberg, onde Cancellara lanzou unha ofensiva para coller o grupo cabeceiro. Nun movemento espello, Peter tamén decidiu atacar para descolgar os seus acompañantes e evitar que Cancellara contactase. Pasado o Paterberg, Vanmarcke e o suízo deixaron atrás a Kwiatkowski. Entre ambos non houbo entendemento, xa que Vanmarcke estaba canso e "Espartaco" imprimiu un forte ritmo, pero insuficiente para alcanzar a Sagan. O campión mundial cruzaba a liña de meta en solitario e gañaba a 100ª edición do Tour de Flandres, con forza e clase, segunda vitoria da tempada.[6]

Sen descanso, Sagan prepárase para disputar a París-Roubaix como máximo favorito tralo dobrete de clásicas belgas (Gante-Wevelgem e Tour de Flandres). O clima durante a carreira presentou unha dificultade engadida, e un corte importante do pelotón a moitos quilómetros de meta supuxo, practicamente, a despedida de Sagan da vitoria. Este, dándose relevos con Cancellara nun grupo secundario, intentaría neutralizar o grupo cabeceiro onde ían outros favoritos como Tom Boonen. Malia o grande esforzo dos dous, a distancia que recortaban era mínima e debido ás malas condicións do empedrado Cancellara caeu, rompendo o grupo e deixando ao eslovaco en solitario, que con habilidade sorteou ao suízo.[7] Desta maneira remataba a primeira parte da tempada para el, non podendo despedirse co dobrete do empedrado.

Practicamente un mes despois da París-Roubaix, Sagan dispúxose a gañar o Amgen Tour de California, onde era asiduo á vitoria. Tras demostrar unha notable superioridade, facíase con dúas etapas. Case un mes despois de levantar os brazos, volvía a impoñerse nun sprint na 2ª etapa da Volta a Suíza, confirmando así o seu excelente estado de forma, a só 2 semanas de comezar o Tour de Francia.

Coa moral alta e un físico ao mesmo nivel, o campión comezaba o Tour de Francia cun 3º posto no primeiro sprint da rolda gala onde, tras arrancar con forza, é superado por Kittel e Cavendish, resultando vencedor o británico. Na 2ª etapa, grazas á axuda de Roman Kreuziger, neutralizan a escapada do día a 500 m de meta, e o eslovaco bate con solidez a Julian Alaphilippe nun sprint reducido, obtendo así a súa 5ª etapa no Tour de Francia, 3 anos despois da última. A maiores, enfúndase o maillot amarelo por primeira vez. Tralo día de descanso, na 10ª etapa, Sagan métese na escapada, onde é vixiado constantemente, destrozándoa o mesmo e índose en solitario na última cota da xornada. Malia isto, Michael Matthews é máis rápido e relégao a un 2º posto. Nove etapas despois da súa 5ª etapa no Tour, aproveitaba o vento e os abanicos no pelotón, saltando a 10 km de meta xunto con Geraint Thomas, o seu compañeiro Maciej Bodnar e o maillot amarelo Chris Froome. Como era de esperar, logra a súa 6ª etapa no Tour e unha importante diferenza no maillot por puntos. Cinco etapas máis tarde, na 16ª, Sagan volvía a demostrar o seu poderío e a súa calidade, superando ao sprint a Alexander Kristoff por milímetros.[8] Pese a non ser do seu perfil, Sagan participou nas fugas das dúas últimas etapas (19ª e 20ª) para axudar na montaña o seu compañeiro Rafał Majka e o seu líder Roman Kreuziger, o que lle valeu para facerse co premio da combatividade do Tour. Na chegada a París sería segundo por detrás do alemán André Greipel, ratificando así o seu 5º maillot verde consecutivo e quedando a só un do alemán Erik Zabel, dono de seis.[9]

Unhas semanas despois de terminar o Tour de Francia e a só unha semana de comezar os Xogos Olímpicos de Río, o equipo Bora-Hansgrohe anunciaba a fichaxe de Sagan polos próximos tres anos, levando consigo os seus homes confianza, Maciej Bodnar, Erik Baška, o seu irmán maior Juraj etc.[10]

Descartando participar na proba en ruta dos Xogos por non adaptarse esta demasiado ao seu estilo, Peter alístase á modalidade de mountain bike, volvendo así aos seus inicios no ciclismo. Tras un bo inicio que lle permitiría situarse entre os tres primeiros, dúas picadas nas rodas afastárono da vitoria final.[11]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

2009

2010

2011

2012

2013

2014

2015

2016

Resultados nas Grandes Voltas e Campionatos do Mundo

[editar | editar a fonte]
Carreira 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
Giro de Italia - - - - - - -
Tour de Francia - - 42º 82º 60º 46º 95º
Vuelta a España - 121º - - Ab. Ab. -
Mundial en Ruta Ab. 12º 14º 43º
Mundial Contra o reloxo - - - - - - -

-: non participa
Ab.: abandono

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. George, Sue; January 2010, Mountain Bike Editor 25. "Young Slovakian star Sagan celebrates 20th birthday". cyclingnews.com (en inglés). Consultado o 2021-03-29. 
  2. "Omloop Het Nieuwsblad: Van Avermaet gaña na casa a primeira clásica do empedrado". www.esciclismo.com. 27-02-2016. Consultado o 02-12-2016. 
  3. "Kuurne-Brussel-Kuurne: Clasificacións completas da Kuurne-Brussel-Kuurne". www.esciclismo.com. 28-02-2016. Consultado o 02-12-2016. 
  4. "Strade Bianche: Peter Sagan: "Non tiña pernas para máis"". www.esciclismo.com. 05-03-2016. Consultado o 12-02-2016. 
  5. "Michal Kwiatkowski pode con Peter Sagan na E3 Harelbeke". www.esciclismo.com. 25/03/2016. Consultado o 02/12/2016. 
  6. "Tour de Flandres: Peter Sagan luce o arco da vella gañando a centésima edición". www.esciclismo.com. 03-04-2016. Consultado o 12-02-2016. 
  7. "Dobre caída de Cancellara na París-Roubaix e asombrosa maniobra de Sagan para evitalo". Eurosport. 10-04-2016. Arquivado dende o orixinal o 03-12-2016. Consultado o 02-12-2016. 
  8. Celes Piedrabuena (18-07-2016). "Tour de Francia - Víctoria de Sagan na etapa 16". Mundo Deportivo. Consultado o 02-12-2016. 
  9. "Tour de Francia: Sagan, o máis combativo do Tour". Marca.com. 23/07/2016. Consultado o 02/12/2016. 
  10. "O equipo Bora-Hansgrohe anuncia a fichaxe de Peter Sagan". www.esciclismo.com. 1/08/2016. Consultado o 02/12/2016. 
  11. "Peter Sagan: “Creo que podería ter rematado no Top 10”". ciclismoafondo.es. Consultado o 01/12/2016. 
  12. Froome e Nairo Quintana, Velo d'Or 2013 20minutos.es
  13. "Peter Sagan, mellor ciclista do ano 2016 para a revista Vélo". www.esciclismo.com. Consultado o 01/12/2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]