Pierre Louis Moreau de Maupertuis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1698 Saint-Malo, Francia |
Morte | 27 de xullo de 1759 (61 anos) Basilea, Suíza |
Presidente Academia Prusiana das Ciencias | |
1746 – 1753 | |
6º Cadeira 8 da Academia Francesa (pt) | |
8 de xuño de 1743 – 27 de xullo de 1759 ← Charles-Irénée Castel de Saint-Pierre (pt) – Jean-Jacques Lefranc de Pompignan (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Director de tese | Johann Bernoulli (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas, mecánica, astronomía e xeodesia |
Ocupación | astrónomo, físico, naturalista, matemático, filósofo, militar |
Membro de | |
Alumnos | Émilie du Châtelet e Pierre Charles Le Monnier (pt) |
Influencias | |
Familia | |
Pai | René Moreau de Maupertuis |
Irmáns | Louis-Malo Moreau de Saint-Elié |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Biblioteca dixital BEIC |
Pierre-Louis Moreau de Maupertuis, nado en Saint-Jouan-des-Guérets o 7 de xullo de 1698 e finado en Basilea, Suíza o 27 de xullo de 1759 foi un filósofo, matemático e astrónomo francés.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Principio de mínima acción
[editar | editar a fonte]O principio de mínima acción establece que en todos os fenómenos naturais, unha cantidade chamada "acción" tende a ser minimizada. Maupertuis desenvolveu este principio ao longo de dúas décadas. Para el, a acción podía ser expresada matematicamente como o produto da masa do corpo implicado, a distancia percorrida e a velocidade á que viaxa.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Na súa obra Vénus physique (1745) Maupertuis opúxose á teoría da preformación do embrión entón de moda, afirmando que o pai e a nai teñen unha influencia semellante na herdanza. Maupertuis trata de explicar os fenómenos xenéticos a partir dunha teoría de atracción físico-química.
Para Maupertuis, a natureza era demasiado heteroxénea como para ser creada por deseño. A súa perspectiva materialista e mecanicista (debida ao seu coñecemento das teorías newtonianas[2] e os seus coñecementos ao redor da herdanza) permitíronlle desenvolver unha teoría da vida bastante próxima ao moi posterior mutacionismo de Hugo de Vries (1848-1935). Segundo Maupertuis, as primeiras formas de vida apareceron por xeración espontánea a partir de combinacións azarosas de materias inertes, moléculas ou xermes. A partir destas primeiras formas de vida, unha serie de mutacións fortuítas procreou unha multiplicación sempre crecente de especies. Maupertuis chega mesmo a postular a eliminación dos mutantes deficientes, converténdose así nun antecedente da teoría da selección natural.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Sur la figure de la terre (1738)
- Discours sur la parallaxe de la lune (1741)
- Discours sur la figure des astres (1742)
- Eléments de la géographie (1742)
- Lettre sur la comète de 1742 (1742)
- Accord de différentes loix de la nature qui avoient jusqu’ici paru incompatibles (1744)
- Vénus physique (1745)
- Astronomie nautique (1745 e 1746)
- Les loix du mouvement et du repos déduites d'un principe metaphysique (1746)
- Essai de cosmologie (1750).
Eponimia
[editar | editar a fonte]- O cráter lunar Maupertuis leva este nome na súa memoria.[4]
- O asteroide (3281) Maupertuis tamén conmemora o seu nome.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nos arquivos da cidade de Saint-Malo, a súa data de bautismo dáse como 28 de setembro de 1698.
- ↑ The Man Who Flattened the Earth. University of Chicago Press. ISBN 0-226-79360-5.
- ↑ Bently Glass: Maupertuis, pioneer of genetics and evolution, in Glass, B., Temkin O. & Straus W.L.Jr 1959.
- ↑ Gazetteer of Planetary Nomenclature
- ↑ Web de jpl. "(3281) Maupertuis".