Prosobranquios
Prosobranquios Prosobranchia | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Prosobranchia en Formas artísticas da natureza, de Ernst Haeckel (1904) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
A dos prosobranquios (Prosobranchia) é unha antiga subclase de moluscos da clase dos gasterópodos que comprende entre 20 000 e 55 000 especies viventes de caracois que habitan en ambientes mariños, dulciacuícolas e unha moi pequena proporción de especies que colonizaron o medio terrestre, aínda que a maioría son mariños.
Os prosobranquios constitúen o grupo máis antigo, e tamén o máis diversificado, da clase dos gasterópdos.
Características
[editar | editar a fonte]A cabeza, ben diferenciada, posúe só un par de tentáculos. Debido ao feito de que a rotación do saco visceral non é seguida, neste grupo, de distorsión, como ocorre no caso das outras dúas clásicas subclases (opistobranquios e pulmonados), os prosobranquios están considerados como gasterópodos primitivos. As dimensións e as formas dos membros deste grupo son moi variadas, o mesmo que sucede coa cuncha, cuxa forma e coloración poden ser moi distintas. A rádula está tipicamente constituída por series transversais de placas dentadas, e ten moita importancia na clasificación.[1]
A cuncha, presente na maioría das especies, é xeralmente espirilada, univalva, forte e sólida, constituída de carbonato de calcio. Pode presentar unha serie de ornamentacións como orificios e canles respiratorios, costelas verticais, cordóns espirais e suturas. Cando é espirilada presenta varias rexións ou estruturas como son a abertura, a columela, a volta do corpo e a espira. A gran maioría presenta unha estrutura anexa que se encarga de pechar a cuncha cando o caracol se retrae dentro desta, denominada opérculo, que é de forma e tamaño variábel.
No corpo dos prosobranquios obsérvanse tres rexións fundamentais: o pé, formado por unha zona máis muscular de forma e tamaño variábel, dependiendo de especie; a masa visceral, que é a porción do corpo onde se localizan a maioría dos órganos, e o manto, unha membrana que recobre o corpo do caracol e entre cuxas funcións está a de segregar a cuncha.
Os membros desta subclase caracterízanse por presentaren a ou as aurículas, xunto coas branquias (ctenidios), en posición anterior ao ventrículo (ao que alude o seu nome), condición derivada da torsión sufrida durante o estadio larvario. A consecuencia deste proceso de torsión, os cordóns nerviosos viscerais crúzanse, un desde o ganglio pleural dereito ao lado esquerdo por encima; e outro desde o ganglio pleural esquerdo ao lado dereito, por debaixo da canle alimentaria. A cavidade do manto abre á fronte, contendo no lado dereito o recto e o ano.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subclase dos prosobranquios foi descrita en 1848 polo médico e zoólogo francés Henri Milne Edwards.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Prosobranchia fromouno Milne-Edwards cos elementos do latín científico proso-, tirado do grego antigo πρόσω prósō, 'diante', 'adiante', e -branchia, derivado da palabra do grego antigo βράγχια (neutro plural) brágchia [pronunciado /bránquia/], aludindo á posición das branquias destes animais.[2][3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Hoxe en día a subclase dos prosobranquios considérase obsoleta porque se trata dun grupo parafilético.[4]
A taxonomía dos gasterópodos está cambiando rapidamente. A clasificación clásica de Johannes Thiele (1860-1935) dividía os gasterópodos en tres subclases: Prosobranchia, Opisthobranchia e Pulmonata. A subclase Prosobranchia Henri Milne-Edwards, 1848 dividíase, nesta clasificación, nas ordes Archaeogastropoda, Mesogastropoda e Neogastropoda.
Posteriormente, algúns autores dividírona en dúas ordes, diotocardios (Diotocardia), así denominados por teren dous ctenidios, dous atrios auriculares e, case sempre, dous nefridios, e os monotocardios (Monotocardia), caracterizados por teren os órganos so do lado esquerdo e, por tanto, posuíren un só ctenidio, un atrio cardíaco e un só nefridio.[1]
Máis recentemente, clasificacións como a do ITIS consideran nos gasterópodos as seguintes ordes:[5]
- Clase Gasteropoda
- Orde Archaeogastropoda
- Orde Mesogastropoda
- Orde Neogastropoda
- Orde Entomotaeniata
- Familia Enteroxenidae
- Orde Architaenioglossa
- Orde Neritopsina
Para ver a nova clasificación dos gasterópodos, véxase Gasterópodos.
Galería: diversidade dos prosobranquios
[editar | editar a fonte]-
A. Cassis madagascarensis
B. Charonia variegata
C. Chicoreus brevifrons
D. Tonna galea
E. Nerita pelotonta
F. Strombus gallus
G. Turbinella angulata
H. Turritella variegata
I. Vasun muricatum -
A. Ficus comunis
B. Melongena melongena
C. Murex pomum
D. Marisa cornuarietis
E. Purpura patula
F. Voluta musica
G. Pila ampullacea
H. Poteria translucida
I. Strombus pugilis -
A. Cymatium femorale
B. Doryssa atra
C. Cypraeacassis testiculus
D. Cypraea cervus
E: Cypraea zebra
F. Fasciolaria tulipa
G. Gaza superba -
A. Ancilla glabrata
B. Architectonica novilis
C. Astraea caelata
D. Citarium pica
E: Concholepas sp.
F. Fissurella sp.
-
A. Fusinus closter
B. Polinices lacteus
C. Natica carena
D. Terebra taurina
E: Siphocypraea mus -
A. Casis tuberosa
B. Terebra funeralis
C. Cymatium martinianum
D. Doryssa hohenackery kappleri
E. Marginella prunum
F. Nerita versicolor
G. Perptrocus adansonianus
H. Pomacea glauca gevesensis -
A. Pachychilus laevisimus
B. Melanoides tuberculata
C. Phalium granulatum
D. Pomacea glauca orinocensis
E. Strombus costatus
F. Tonna maculosa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados.
- ↑ Prosobranch no Merriam-Wesbsters Dictionary on line.
- ↑ branchie no Trésor de la langue française informatisé.
- ↑ Prosobranchia no WoRMS.
- ↑ Prosobranchia no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prosobranquios |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Prosobranquios |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
- Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1 invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4.
- Remane, Adolf; Volker Storch e Ulrich Weisch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
- VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 257–293.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prosobranchia Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
- †subclase Prosobranchia Milne-Edwards, 1848 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.