Saltar ao contido

Southern Kings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Southern Kings
NomeIsuzu Southern Kings
UniónSouth African Rugby Union
Fundación2009; hai 15 anos
Sede Porto Elizabeth, Suráfrica
Estadio(s)Nelson Mandela Bay Stadium
Capacidade48.459 espectadores
PresidenteLoyiso Dotwana
AdestradorRobbi Kempson
CapitánMike Willemse
CapsSchalk Ferreira (73)
AnotadorMasixole Banda (170)
EnsaiosYaw Penxe (15)
Liga(s)Pro14
2018−197º (conferencia B)
Casa
Fóra
Na rede
https://kingsrugby.co.za/

Os Southern Kings, coñecidos por motivos de patrocinio como Isuzu Southern Kings, son un equipo de rugby surafricano con sede na cidade de Porto Elizabeth (Cabo Oriental). Desde a temporada 2017−18 compite no Pro14, unha competición profesional que agrupa a equipos de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. Antes de unirse á competición, os Southern Kings competiron no Super Rugby. O estadio onde xogan os seus encontros como local é o Nelson Mandela Bay Stadium, recinto con capacidade para 48.459 espectadores inaugurado no ano 2009 coa xira dos British and Irish Lions polo país.

Na temporada 2013, a área de captación dos Southern Kings estab formada polo Cabo Oriental e partes do Cabo Occidental, atraendo xogadores de tres federacións provincias: os Eastern Province Kings de Port Elizabeth (representando a metade sur do Cabo Oriental), os Border Bulldogs de East London (representando a metade norte do Cabo Oriental) e os SWD Eagles de George (representando os distritos do Suroeste). Con todo, despois de que a South African Rugby Union tomase o control da franquía en novembro de 2015, o club non ten ligazóns formal con ningunha federación provincial.

Os seguintes son os xogadores dos Southern Kings para o Pro14 de 2019−20.[1]

Equipo dos Southern Kings (Pro14)

Piliers

Talonadores

Segunda liña

Terceira liña

Medios-melé

Aperturas

Centros

Ás

Zagueiros

(c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.
  1. "Team". Isuzu Southern Kings. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2019. Consultado o 1 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]