Stefania Sandrelli
(1970) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1946 (78 anos) Viareggio, Italia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz de cinema, directora de cinema, actriz |
Período de actividade | 1961 - |
Familia | |
Parella | Gino Paoli |
Fillos | Amanda Sandrelli |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | stefaniasandrelli.it |
|
Stefania Sandrelli, nada en Viareggio (Provincia de Lucca) o 5 de xuño de 1946, é unha actriz italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sandrelli naceu na Toscana nunha familia de clase media, filla de Florida e Otello Sandrelli (que morreu cando ela tiña oito anos), propietarios dunha coñecida pensión en Viareggio.[1][2] Tivo un irmán, Sergio, sete anos máis vello, que fixo unha carreira musical de éxito e finou en 2013. Cando era moza Stefania achegouse á música, aprendendo a tocar o acordeón e estudando ballet.
En 1960 gañou o concurso de beleza Miss Cinema Viareggio e apareceu na portada da revista Le Ore. Logrou entón as súas primeiras oportunidades no cinema, aparecendo, entre outros, en Il federale, de Luciano Salce.[3] A súa carreira despuntou con Divorcio á italiana (1961), de Pietro Germi, co que logo traballou outras tres veces, en Seddota e abbandonata (1963), L'immorale (1967) e Alfredo, Alfredo (1970).[2]
Sandrelli converteuse en pouco tempo nunha estrela da commedia all'italiana, aparecendo en filmes de Mario Monicelli, Ettore Scola ou Bernardo Bertolucci. Traballou tamén en producións francesas.[2]
En 1983 relanzou a súa carreira co filme erótico A chave secreta[4] de Tinto Brass. Tralo éxito interpretou unha serie de filmes eróticos de éxito
En 2005 recibiu o León de Ouro á súa carreira no Festival de Venecia[5] e en 2012 o título de Cabaleiro da Ordre des Arts et des Lettres.[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Gioventù di notte (1961)
- Il federale (1961)
- Divorcio á italiana (1961)
- Il Fornaretto di Venezia (1963)
- La bella di Lodi (1963)
- Sedotta e abbandonata (1964)
- Io la conoscevo bene (1965)
- Tendre Voyou (1966)
- L'immorale (1967)
- L'amante di Gramigna (1969)
- Brancaleone alle Crociate (1970)
- Il conformista (1970)
- Il diavolo nel cervello (1972)
- Delitto d'amore (1974)
- C'eravamo tanto amati (1974)
- Novecento (1976)
- Les magiciens (1976)
- Quelle strane occasioni (1976)
- Police Python 357 (1976)
- L'Ingorgo : Una storia impossibile (1979)
- Dove vai in vacanza? (1979)
- La terrazza (1980)
- Desideria: la vita interiore (1980)
- Bello mio, bellezza mia (1981)
- La disubbidienza (1981)
- Eccezzziunale... veramente (1982)
- Vacanze di Natale (1983)
- A chave secreta (1983)
- Segreti segreti (1984)
- Mamma Ebe (1985)
- D'Annunzio (1985)
- La sposa americana (1986)
- Speriamo che sia femmina (1987)
- La familia (1987)
- Gli occhiali d'oro (1987)
- Noyade interdite (1987)
- Mignon è partita (1988)
- Lo zio indegno (1988)
- Stradivari (1988)
- Il piccolo diavolo (1989)
- Il male oscuro (1990)
- The African Woman (1990)
- Tracce di vita amorosa (1990)
- Jamón, jamón (1992)
- Of Love and Shadows (1994)
- Con gli occhi chiusi (1994)
- Palermo - Milan One Way (1995)
- Stealing Beauty (1996)
- Ninfa Plebea (1996)
- La cena (1998)
- Matrimoni (1998)
- L'ultimo bacio (2001)
- Um Filme Falado (2003)
- Gente di Roma (2003)
- La vita come viene (2003)
- La prima cosa bella (2010)
- La passione (2010)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miccichè, Lino. Io la conoscevo bene di Antonio Pietrangeli: infelicità senza dramma. Associazione Philip Morris progetto cinema, 1999. ISBN 887180273X.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Girlanda, Elio. Stefania Sandrelli. Gremese Editore, 2002. ISBN 8884401739.
- ↑ D'Amico, Silvio (1966). Enciclopedia dello spettacolo: 1955-1965. Unedi-Unione editoriale.
- ↑ Mereghetti, Paolo (2001). Il Mereghetti: dizionario dei film. Baldini & Castoldi, 2001. ISBN 8884900875.
- ↑ Moliterno, Gino (2009). The A to Z of Italian Cinema. Scarecrow Press. ISBN 0810870592.
- ↑ Scategni, Ciro (11 de maio de 2012). "Stefania Sandrelli regina di cultura in Francia: nominata Cavaliere Arti e Lettere.". Oggi 24. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stefania Sandrelli |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ezio Alberione, Gianni Canova, Francesco Miuccio, Stefania Sandrelli, Papageno, 1998
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Stefania Sandrelli na IMDb (en inglés).