Taxa de fertilidade
Aparencia
A taxa de fertilidade é un termo que se usa en demografía para designar o número proporcional de nacementos con vida, referidos a unha poboación de mulleres e un tempo determinados.
Adóitanse utilizar os seguintes índices:
- Taxa de fecundidade: Número de nacementos con vida por cada 1.000 mulleres de idades comprendidas entre os 15 e os 45 anos, nun ano dado.
- Taxa total de fecundidade: Número medio de fillos nacidos das mulleres que, nunha determinada sociedade ou grupo, completaron o seu ciclo reprodutivo.