Saltar ao contido

The Girl Is Mine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«The Girl Is Mine»
Sinxelo de Michael Jackson e Paul McCartney
do álbum 'Thriller'
Lanzamento 18 de outubro de 1982
Formato {{{formato}}}
Gravada 14-16 de abril de 1982 en Westlake Studios, Os Ánxeles
Xénero musical Soft rock[1]
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:42
Discográfica Epic
Produtor(es) Quincy Jones
Michael Jackson (co-produtor)
Escritor(es) Michael Jackson
Cronoloxía
«"One Day in Your Life"
(1981)»
«The Girl Is Mine» «"Billie Jean"
(1983)»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"The Girl Is Mine" é un sinxelo de Michael Jackson e Paul McCartney. Foi escrita por Jackson e producido por Quincy Jones (con coprodución de Jackson). Foi lanzado como o primeito sinxelo do sexto álbum en solitario, Thriller (1982). A canción foi gravada nos Westlake Studios, nos Ánxeles, do 14 ó 16 de abril de 1982. O ano anterior, Jackson e McCartney gravaran xuntos "Say Say Say" e "The Man" para o quinto álbum de estudio de McCartney, Pipes of Peace (1983). Malia que se estreou como sinxelo, Jackson nunca a interpretou en directo.

"The Girl Is Mine" acadou un grande éxito nas listas musicais. Conseguiu o número dous na Billboard Hot 100 e o número oito no Reino Unido. En 1985, vendera 1,3 millóns de copias, e posteriormente foi certificado co Disco de Platino pola Recording Industry Association of America.

  1. "The 40 Biggest Duets of All Time". Billboard. Prometheus Global Media. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]