Tinakula
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Santa Cruz | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Santa Cruz | |||
Localización | ||||
División administrativa | Temotu, Illas Salomón | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 851 m | |||
Dimensións | 3,1 () × 3,6 () km | |||
Superficie | 8 km² | |||
Tinakula é un volcán cónico que forma unha illa ao norte de Nendo na provincia de Temotu, nas Illas Salomón. Atópase no extremo norte da Illas Santa Cruz. Ten ao redor de 3´5 km de ancho e elévase 851 metros sobre o nivel do mar, pero elévase de tres ou catro quilómetros por encima do fondo do mar. Entra en erupción aproximadamente cada hora cunha columna de cinza e rocas. A primeira erupción do volcán rexistrouse en 1595, cando Álvaro de Mendaña navegaba preto na súa volta ó redor do mundo.
Ocupación
[editar | editar a fonte]A illa está deshabitada. Unha poboación anterior foi erradicada cando o volcán entrou en erupción ao redor de 1840 e o fluxo piroclástico varreu todos os lados da illa. En 1951, polinesios de Nukapu e Nupani establecéronse na illa, que alcanzou un pico de poboación de 130 habitantes, antes de que tivese que ser evacuada coa erupción de 1971. O pobo de Temateneni atópase na costa sueste. A finais de 1980, dúas familias (menos de 10 persoas) de Nupani fixeron outro intento de colonización.
A illa está cuberta de selva, agás a parte occidental, que está cuberta de cinza. Foi arrasada por deslizamentos de terra en 1965. Cando o volcán entra en erupción, é posible observar grandes rocas rodando pola ladeira da montaña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tinakula |